Amosando publicacións coa etiqueta Cancións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cancións. Amosar todas as publicacións

venres, 25 de maio de 2018

CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS CON "AREAS DO MAR DE ARES"

https://photos.app.goo.gl/wYM1vdtbrcfezN2d6
Esta mañá tivemos unha visita que agradecemos moito. "Areas do mar de Ares" estivo con nós, invitados pola profe Rosa, unha das súas integrantes, para rematar o mes de maio festexando AS LETRAS GALEGAS.
Fomos afortunados de telos entre nós xa que nos fixeron pasar un pedazo de tempo moi agradable como veredes nas imaxes se premedes nesta de arriba. Bailamos e cantamos con eles. Pasámolo moi, moi ben.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA XENEROSIDADE AO  COMPARTIR O VOSO TEMPO CON NÓS E
ATA SEMPRE!
E GRAZAS, PROFE ROSA,
POR DESCUBRÍNOLOS!
ATA LUNS! ; )
 

xoves, 30 de xaneiro de 2014

O COLE DE PAZOS CÁNTALLE Á PAZ

Aínda que a celebración está prevista para o vindeiro martes, aquí está unha das cancións que estamos a preparar. Así que teredes que esperar para ver as imaxes de tooooodo o que estamos a facer. 
¡ATA O MARTES! 
¡FELIZ DÍA DA PAZ!
¡A CANTAR!

luns, 10 de decembro de 2012

DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

O CEIP de PAZOS cos DEREITOS HUMANOS
Hoxe pola mañá reunímonos na Biblioteca para celebrar o Día dos Dereitos Humanos e ler os traballos que ao longo destas últimas semanas preparamos. Con todos faremos o Libro Colectivo dos Dereitos da Infancia-Humanos.
Podemos ensinarvos algo do que lemos e cantamos porque houbo un pouco de todo. Imos por partes: Lectura de contos  do alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º e canción "Eu teño dereito a xogar", tradución de "Yo tengo derecho a jugar" (Cantajuego), de UNICEF. Tamén repartimos uns mini-mini-libretos de recordo, coa letra escrita e unhas bonitas pegatinas para completar a súa portada.
Mini-mini-libretos coa letra da canción "Eu teño dereito a xogar"
Pegatinas para as portadas
¡Así cantamos, así lemos, así escoitamos, e así volvemos cantar!
Cando encadernemos o libro, rotará polas aulas para poder ver todos os traballos, antes de quedar definitivamente ¡esperando por vós na Biblio!