Amosando publicacións coa etiqueta Tarefas Rebuldeiras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Tarefas Rebuldeiras. Amosar todas as publicacións

mércores, 9 de febreiro de 2022

Un novo espazo no cole para as rebuldeir@s

A verdade é que a pandemia quitounos moitas cousas, pero tamén deunos outras, como pode ser o uso máis reflexivo dos espazos: funcionalidades, quendas, propósitos... Así que no cole temos o firme propósito de ir recuperando eses espazos que deixamos de usar no curso pasado cando o protocolo COVID era tan ríxido que non nos permitía compartir materiais.

Mans á obra!!! @s rebuldeir@s tomaron a iniciativa e colaboraron moi activamente na construcción deste novo espazo. Unha aula para experimentar e traballar de forma moito máis manipulativa nos seus proxectos. Velaiquí os tedes en acción!

E en que se convertiu este espazo? Pois nesta marabilla!




A partir de agora só queda gozar del e aprender moito, moitísimo.
Parabéns a estes rebuldeir@s!

luns, 3 de maio de 2021

Como medra todo na nosa horta!

A nosa horta estase a converter nun laboratorio de aprendizaxe. Levamos seguimento dos cultivos, anotamos a súa evolución, programamos as tarefas de mantemento da horta... e pouco a pouco, e grazas a tan atentos coidados, a nosa horta vai medrando.

E claro, aquí están @s Rebuldeir@s de 1º de EP para documentar o proceso. Repartíronse os cultivos e cada quen é o responsable de facer o seguimento desa plantación: fabas, chícharos, rábanos, cabaciños, coliflor (ou brócoli, non estamos moi seguros aínda), pementos, tomates, leitugas, amorodos, framboesas... Pero tamén das aromáticas: menta piperita, menta chocolateira, tomeu limonato, romeu, albahaca, ourego, herbaluisa, ... Hummmm, pero que ben ule!

Que temos traballo arreo... En compensación, algún amorodo xa papamos e desexando que cheguen as framboesas. Ímonos poñer as botas! Ñam-ñam.

Se premes nesta foto podes acceder ao album coas fotos tomadas polos nenos como rexistro da evolución.

-COIDADO COA ARAÑA - 

E por aquí unhas fotos d@s Rebuldeir@s de primeiro en acción.






Como sempre, premede nas fotos para acceder ao album completo.