Amosando publicacións coa etiqueta Contos clásicos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Contos clásicos. Amosar todas as publicacións

domingo, 17 de maio de 2015

OS TRES PORQUIÑOS NAS LETRAS GALEGAS

A profe Feli contou no recreo do día 15 unha versión moi especial cos seus alumnos e alumnas de 5º, onde non faltaron enriquecedoras aportacións á historia e como non?, música!
Pasámolo xenial, e cremos que os que estaban detrás deses monicreques, tamén. Xa veredes as imaxes...
Grazas, Feli, polo continuo entusiasmo, polo teu saber facer e por transmitir a grandes e pequenos a creatividade, a fantasía e a música.
Noraboa ao alumnado: Sabela, Borja, Yerai, Joanna e Alba; eses porquiños estiveron moi animados!
Exitazo totaaaaal!!... Habería alguén no patio??

domingo, 3 de maio de 2015

PARTICIPANTES : Personaxes de Contos Clásicos

Estaban pendentes de publicar as fotos dos participantes na Exposición de PERSONAXES DE CONTOS CLÁSICOS. As nosas razón tiñamos; queriamos que as visen antes en papel que no blog; así que houbemos de esperar un pouquiño.
Aquí están todos eles. NORABOA A TODOS E TODAS E MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!
O ANO QUE VÉN, MÁIS?

mércores, 8 de maio de 2013

MAQUETAS DE CONTOS CLÁSICOS

¿Recordades esta proposta que fixemos a finais do mes de marzo? Pois o prometido é débeda e aquí tedes as imaxes das maquetas que aínda locen na entrada do colexio. 
Das máis complicadas ás máis sinxelas, fermosas todas elas e valiosas polo traballo e a ilusión que hai detrás. 
¡Moitas grazas pola súa participación a todas as familias que se implicaron nesta actividade!

mércores, 23 de novembro de 2011

RAPUNZEL chega a CINENSINO: "Enredados"

Rapunzel, un conto clásico dos Irmáns Grimm, é levado ao cine, unha película de animación, pola Factoría Disney, baixo o título de "Enredados". Hoxe o 2º e o 3º ciclos fomos aos Cines Dúplex e disfrutamos desta vella historia na que Rapunzel, unha moza a punto de cumprir os dezaoito anos, e cunha longa e fermosísima cabeleira de 21 metros de longo que nunca cortou, vive encerrada nunha torre desde que unha malvada meiga a roubara do seu berce cando era unha pequena bebé.
Este é un dos vídeos promocionais da película. Por certo, no seu texto hai dúas faltas de ortografía, ¿anímaste a atopalas?



E aquí, unha versión do conto. Esta vez, o nome de Rapunzel é Melisa: