Amosando publicacións coa etiqueta Guadi Galego. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Guadi Galego. Amosar todas as publicacións

luns, 25 de abril de 2022

Pintando portas con Blanca Vila

Blanca Vila de novo polo cole? Que estará a facer? Evidentemente, o que mellor sabe: PINTAR

Dentro dunha das nosas iniciativas dos Contrato Programa Inclúe, IGUÁLA-T, que ten como finalidade visibilizar o papel das mulleres ao longo da historia para alentar a participación feminina en todos os ámbitos de coñecemento, libres de estereotipos, pedímoslle a Blanca Vila que fixera uns deseños para decorar as portas das nosas aulas. Comezamos polas tres aulas que teñen un carácter máis especial:

O Mercado de Chispa, para o que lle pedimos un debuxo que representara a cooperación entre sexos.

A aula de proxectos, para quen escollimos a Ángela Ruíz Robles, percursora do libro electrónico e que fora ademais mestra na escola de nenas de Serantes.

E a aula de música, que quixemos adicarlle a Guadi Galego, unha das máis salientables artistas galegas contemporáneas e que ademais sentimos moi próxima xa que fora mestra no noso cole o ano que grabamos "Vente a Pazos", lembrades?


E para facer lo que mellor axuda que un exército de mans pequenas dispostas a experimentar. Ui, ui, ui... tarefa un tanto perigosa pero a mar de entretida. E se non, velaiquí as fotos.

Preme na imaxe para acceder ao álbum completo, se queres ver aos peques en acción.

E o resultado non puido ser máis marabilloso que iste!!!
Por fóra...
...e por dentro.

Cómo agradecerlle a Blanca Vila estas ilustracións tan fermosas feitas con tanto cariño? Pois os peques tiveron a idea de facerlle un agasallo: unha saca do Lectura e familias, que por certo tamén ilustrou ela, un lapis da Biblio Xoán Farias que case, case debuxa só e unha libreta para que non deixe de debuxar xamáis.


Estes peques son a bomba! 

Agora só nos falta que pase polo cole Guadi Galego a tirarse unha foto coa a porta da aula que a partir de agora levará o seu nome. 
Aí queda o convite!

domingo, 8 de marzo de 2020

8M: Muller tiñas que ser...


Para conmemorar o 8 de marzo, Día da Muller, este ano quixemos visibilizar ás mulleres na historia, baixo o lema "Muller tiñas que ser...", rompendo a connotación negativa desta frase feita e valorizando o papel destas mulleres que, en moitas ocasións foron pioneiras.
Na entrada do noso cole, sempre aos pés da Biblioteca montouse unha exposición que convida ao visitante a querer afondar sobre esas mulleres que fan parte da historia do noso país e da humanidade: científicas, escritoras, artistas, deportistas... 
Empregando un dispositivo móbil (teléfono, tableta...) pódese ler os códigos QR que acompañan a cada unha das imaxes destas mulleres para coñecer algunha pincelada sobre as súas vidas. 
Unha exposición moi dinámica que de seguro aumentará ano tras ano, xa que unha cousa está clara: aínda que todas as que están, son valerosas, non están todas as que o son.



Premendo nesta imaxe podes acceder a todo o material elaborado para esta exposición.

Por outra banda, atopamos un material na rede en total sintonía co  que foi elaborado para a nosa exposición, da man do perfil de Intragram @7codos e co que tamén traballamos. 
Aquí deixamos as fermosas ilustracións das iniciais destas 26 mulleres valerosas que forman parte da historia. Se premes en cada unha das letras poderás saber máis de cada unha delas.

















Fonte: 


E para rematar, un pouco de música en feminino grazas a A Banda da Loba xunto a artistas da talla de Guadi Galego, Patty Castro, Sofía Espiñeira, Nastasia Zücher, Mounoup, Lola de Ribeira , Anaïs Barbier e High Paw.
Agasállannos con este "Morra o conto" para reivindicar a loita das mulleres neste 8M.