Amosando publicacións coa etiqueta Javier Marzoa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Javier Marzoa. Amosar todas as publicacións

mércores, 10 de decembro de 2008

OS DEREITOS HUMANOS E UN CONTACONTOS




E por fin, ao final da xornada, visitounos un contacontos enviado pola Área de Solidariedade, Cooperación e Voluntariado do Concello de Ferrol. Javier Marzoa, de Eritea Expresión Dramática, fixo as delicias de todo o público.
Repartímonos en dúas sesións, e primeiro foron á Biblioteca Infantil e o 1º Ciclo de Primaria. Despois subiron, que no noso cole "suben", os maiores. Este contacontos tivo algo moi especial, e é que fixo participar ao público, tanto, tanto, tanto, que case a metade dos espectadores e espectardoras convertíronse en moi bos e improvisados actores e actrices.
O conto é unha adaptación de "O conto do grilo Gastón" e garda un contido transversal para traballar o problema de emigración e os Dereitos do Neno. Unha bonita e divertida historia de fondo.
Desde o noso blogue queremos agradecer o entusiasmo e o bon facer de Javier Marzoa, e felicitar a todas as actrices e a todos os actores, que o fixeron moi, moi ben.
Pero a celebración dos Dereitos Humanos non acaba aquí, durará 364 días máis ata chegar ao vindeiro 10 de decembro.