Amosando publicacións coa etiqueta Ferrolterra. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ferrolterra. Amosar todas as publicacións

luns, 11 de xuño de 2018

VISITA DA ASOCIACIÓN DE PERSOAS XORDAS DE FERROLTERRA

https://photos.app.goo.gl/xmw9rBKmtHVBE8eG8
PREME NO COLAXE PARA VER TODAS AS FOTOS
http://www.axferrolterra.org/a-axf/
Esta mañá visitáronnos algúns membros da Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra (AXF), unha asociación con máis de corenta anos de historia na comarca. A súa presidenta, Teresa Gallo Lastra, falounos de como superar as barreiras na vida cotiá, na casa, na escola, na rúa..., tratando de sensibilizarnos ante os problemas  que unha persoa xorda ten que superar. Conseguir que unha persoa xorda poida ser autónoma e non teña que depender da familia ou dos amigos é o obxectivo.
Cremos que foi unha charla moi interesante na que pensamos solucións e puidemos achegarnos un pouco máis á LSE. Repasamos o alfabeto, vimos os números, as cores, moitos animais e as expresións máis frecuentes de presentación, saúdos e despedidas... E como veredes nas imaxes, ata houbo un momento para facermos unha SOPA DE LETRAS!!
MOITAS GRAZAS, TERESA E EQUIPO!
UNHA CHARLA MOI PRODUTIVA,
AGORA, A PRACTICAR!


Se queredes ampliar información, podedes ver neste vídeo a Teresa explicando cales son os obxectivos desta asociación de Ferrolterra...

mércores, 27 de abril de 2016

COÑECENDO FERROL

http://ferroleando.blogspot.com.es/
O pasado domingo publicabamos, no blog COÑECENDO FERROL, unha pequena información para traballar nas aulas de 4º, 5º e 6º, antes da saída que faremos o venres, 29. Teremos unha hora e media, mentres os pequenos están nun obradoiro no Cantón, para facer unha xincana por seis lugares emblemáticos de Ferrol. Ao tempo deberemos ir contestando unha serie de preguntas, e cada resposta acertada daranos paso a continuar a ruta, e a adquirir algunhas "pezas" necesarias para traballar ao regreso no cole. Prometemos que será emocionante!!!
Ah!, e ademais temos a exposición con toda 
a información na entrada 
deste xeito: 

sábado, 2 de abril de 2011

2 DE ABRIL CON XOÁN FARIAS

Noraboa a todos os nenos e nenas, mozos e mozas
que participaron e encheron de vida os libros
de Xoán Farias.

mércores, 24 de novembro de 2010

VISITA DAS BIBLIOTECAS AMIGAS

Como vimos facendo nos últimos anos, as bibliotecas dos centros públicos de Ferrolterra xuntámonos cada mes para compartir proxectos, ideas, algo ou moito de tempo e traballo. Desta vez houbo un pequeno cambio. E é que a reunión fíxose nunha biblioteca. Que boa idea! ¿Que mellor lugar para falar das mesmas?
Temos un proxecto en vista cara ao 2 de abril, o Día Internacional da Literatura Infantil e Xuvenil, sobre Xoán Farias. Pero xa vos iremos adiantando de que se trata.
Mentres, fixádevos cantas biblios xuntas nunha soa tarde para falar de libros e máis cousas...
A Biblioteca do CPI Conde De Fenosa, de Ares, a Biblio do CEIP A Unión Mugardesa, a do CEIP José Mª Lage, de Ortigueira; a Biblio do CPI de San Sadurniño; a do CEIP O Ramo, e "O Segrel do Penedo", do IES de Fene; a Biblio do CEIP de San Isidro e a do IES Fernando Esquío, de Neda; a Biblio de Andrade e a do CEIP Couceiro Freijomil, de Pontedeume; e a do CEIP Manuel Masdías, do CEIP A Solaina, a do Isaac Peral, a Biblio do CEIP Juan de Lángara, a do IES Concepción Arenal, e nós: a Biblio Xoán Farias, de Pazos.

Grazas a todas pola vosa presenza. Foi un pracer compartir esta tarde con vós.
Ata a próxima, que cremos, será na do IES de Neda. ¿A que si?

E antes de que haxa protestas... A culpa de tantas fotos é de Loly, que ten un tic no dedo co que preme o botón da cámara. Eu só fixen dúas ou tres. Hi, hi, hi!