Amosando publicacións coa etiqueta VII Edición. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta VII Edición. Amosar todas as publicacións

martes, 22 de xuño de 2021

Chegamos ao final de curso! Máis un ano toca despedirmos.

Hai 10 meses comezabamos este curso 2020/2021 con moitos medos e inquedanzas, cos arelos postos na vacinación e confiando nuns protocolos que nos manterían nun entorno seguro dentro do cole: desinfección de espazos, lavado de mans, distanciamento social, materiais de uso individual, reducción da cabida dos espazos comúns e un sinfín de normas que fixeron posible que chegáramos ata o final.

Pasou de todo neste curso, confinamentos incluídos... pero de todo o vivido podemos sacar unha ensinanza: que xuntos somos máis fortes e que apoiándonos uns nos outros, case, case, somos invencibles!

Así que hoxe tiñamos moito que celebrar. E fixémolo cun montón de xogos. Como sempre, sen romper os grupos de convivencia estable, pasamos por catro estacións:

No ximnasio os peques tiveron xogos de movemento e os de Primaria tiveron a sorte de contar cun profe moi especial: Adrián, do clube de Tenis de Mesa Narón que lles ensinou moitas destrezas básicas para darlle ás pas e perfeccionar a técnica.



Despois, na pista polideportiva, tivemos unha sesión de xogos predeportivos coa profe Araceli. Os peques xogaron aos robots e ao pato-pato-oca, e os maiores decantáronse polo brilé e outros xogos.


Na Biblioteca estaba Tamara cun obradoiro de chapas, no que deixamos voar a creatividade elaborando deseños do máis orixinal.



E no Salón de Actos, coa profe Erea, tivemos sesión de "Just-Dance" para os peques e rebuldeir@s e "karaoke" para  tritóns e maiores.


Que ben o pasamos!!!

Entre medias, a nosa ANPA molona preparounos unha merenda supersaudable para repoñer enerxías a media mañá: bocatas de xamón, lombo e queixo e froita, moita froita: sandía, uvas, cereixas.... Hummmm, que saboroso!



Grazas a todos os membros da ANPA por facelo posible e a Rebeca, Laura, Noelia, Alba (e Olivia), Andrea e Sara (e Maia) por todo o currazo. 


Pero pasaron mooooitas máis cousas! Fixemos entrega dos premios da VII Edición de MatesPazos. Unhas mochilas como premio á participación (que xa son un clásico!) e un premio especial para @s gañador@s: un xogo co que por en funcionamento as habilidades matemáticas ou de razoamento que xa demostraron. 
Bravo por elas e por el!!!; Case, case todas nenas, eh? Veñen pisando forte!





E tamén houbo entrega dos premios dos retos TIK TOK coa profe Kelly das aulas de música deste último trimestre: Un minitrofeo con forma de corchea, como o propio logo tiktokeiro, saído da nosa impresora 3D e un chifre de caramelo para os mellores de cada grupo!!!



E máis cousas... 
Reparto das fotos do recordo escolar que este ano correu a cargo de Mirada de Madrina, as nosas fotógrafas preferidas, para que negalo 😍



Estrea das pizarras do patio que pintou para nós Blanca Vila...


Últimas fotos de grupo...





E un sopro de maxia da man de Chispa: Chis, chis, plof, plof!


E despedidas, sinaturas de recordo dos compañeiros, sorrisos enmascarados, bágoas, confidencias de último momento, e sobre todo bos desexos para os que comezan unha nova etapa.

Desexámoslles moi boa sorte no seu camiño aos maiores que marchan ao instituto e que deixan unha pegada inesquecible en todas nós e nos seus compañeiros.
Ezequiel, Marta, Icía, Diego, Jandro, Igor, Samara e Irene:
Sabedes que o cole de Pazos é a vosa segunda casa e a Biblioteca Xoán Farias sempre terá a porta aberta para o que queirades.


Desexámosvos o mellor!

E para remataaaaarrrrrr... Só nos queda agradecer a quen estivo ao apoiando en todo momento a labor docente: familias e persoal non docente. Para vós o noso máis sinceiro agradecemento, porque sen a vosa disposición todo tería sido mooooooito máis complicado.
Grazas Xaime, Dolo, Aurora, Noemí, 
Gelis e Tamara, Patricia e Manoli.

Se queres ver máis fotos deste día, preme na Chispa enmascarada.


E ata aquí chegou o curso 2020/2021. Un ano intenso e inesquecible, no que fomos quen de reinventarnos e construir unha escola para todos e todas.

Gozade do verán, que o tedes merecido, do sol, da praia, da familia e dos amigos.
Cargade as baterías ao máximo para reencontrarnos en setembro cheos de enerxía.
E lede, lede moitísimo!!!

Aínda que xa sabes, que se non les non pasa nada;
pero se les, pasan moitas cousas.


Felices vacacións e ata o curso que vén!!!

mércores, 16 de xuño de 2021

Extra! Extra!!! Xa temos gañadores!!!

Grazas a todos e todas as que participastes nesta edición de MatesPazos, e xa son sete. O ano que vén, máis e mellor!

E como todos os anos, a entrega de premios terá lugar o último día de cole, o vindeiro martes 22 de xuño.

venres, 11 de xuño de 2021

VII Edición MatesPazos (reto 10)

Chegamos ao final!!!




Lembra que tamén podes contestar o luns a este último reto.

O MÉRCORES anunciaremos quen gañou esta VII edición de MATESPAZOS.

Que nervossssss!!!


xoves, 10 de xuño de 2021

VII Edición MatesPazos (reto 9)

 Isto estase acabando... un pequeno pulo máis e chegaremos á meta!!!





mércores, 9 de xuño de 2021

VII Edición MatesPazos (reto 8)

Estamos na metade da segunda semana dos retos. 
Ánimo que só faltan tres días!

 



martes, 8 de xuño de 2021

VII Edición MatesPazos (reto 7)

 Cómo levades a semana? Non te quedes sen participar nesta edición de matespazos.






luns, 7 de xuño de 2021

VII Edición MatesPazos (reto 6)

 Comezamos a segunda semana dos retos matemáticos.

A por eles!!!




Ánimo rapazada!!!