Amosando publicacións coa etiqueta Guadalupe Jover. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Guadalupe Jover. Amosar todas as publicacións

domingo, 25 de outubro de 2009

Xornadas Biblioteca Escolares de Galicia 2009. Novas lecturas, novos lectores


Ao longo da tarde do venres e a mañá e a tarde do sábado, a nosa Biblioteca estivo nas Xornadas que se celebraron no Palacio de Congresos de Santiago.

Poidemos disfrutrar do encontro dos compañeiros e compañeiras das outras bibliotecas de Galicia, que coma nós están a traballar pola súa renovación e actualización constantes. E de personalidades do ensino, literatura, competencia dixital...

* Daniel Cassany: "Internet:3, Escola:1. Como axudar a aprender a ler ao nativos dixitais"
* Luis Iza Dorronsoro: "Competencia lectora e aprendizaxe. O Proxecto Lector de Centro"
* Gaudalupe Jover: "Escola e literatura: a educación do imaxinario"
* Mesa redonda: Prácticas de lectura en centros educativos. Proxectos Lectores en desenvolvemento (IES Terra de Soneira e CEIP Sto. Paio de Abaixo); Clubs de lectura (IES Allariz e CEP Xosé Mª Brea Segade); e Hora de Ler (CEIP A Pedra e IES Río Miño).
* Tíscar Lara: "Alfabetizar na cultura dixital"
* Glòria Durban: "A biblioteca escolar, un recurso educativo útil: o desenvolvemento de entornos presenciais de aprendizaxe e lectura"

Carlos Blanco deu peche a estas magníficas xornadas que ano tras ano nos fan reflexionar, que non é pouco, sobre o importante papel que a biblioteca xoga na sociedade en xeral e no noso alumnado en particular. É tempo de reflexión pero sobre todo, tempo de actuar, porque somos conscientes de que a biblioteca debe ir por diante se queremos que sexa esa ferramenta eficaz para o estudo e tamén esa variña máxica para a ilusión, a fantasía e a creación.

Onte foi o "Día das Bibliotecas", e o mellor modo de celebralo foi así,
rodeada de todos e todas vós!
Grazas Pilar e Cristina!
Grazas compañeiras e compañeiros!

Por suposto que, se queredes moita máis información, organizada, detallada e documentada con imaxes, sempre nos queda "O Segrel do Penedo"... que fariamos sen "el"??