domingo, 25 de octubre de 2009

Xornadas Biblioteca Escolares de Galicia 2009. Novas lecturas, novos lectores


Ao longo da tarde do venres e a mañá e a tarde do sábado, a nosa Biblioteca estivo nas Xornadas que se celebraron no Palacio de Congresos de Santiago.

Poidemos disfrutrar do encontro dos compañeiros e compañeiras das outras bibliotecas de Galicia, que coma nós están a traballar pola súa renovación e actualización constantes. E de personalidades do ensino, literatura, competencia dixital...

* Daniel Cassany: "Internet:3, Escola:1. Como axudar a aprender a ler ao nativos dixitais"
* Luis Iza Dorronsoro: "Competencia lectora e aprendizaxe. O Proxecto Lector de Centro"
* Gaudalupe Jover: "Escola e literatura: a educación do imaxinario"
* Mesa redonda: Prácticas de lectura en centros educativos. Proxectos Lectores en desenvolvemento (IES Terra de Soneira e CEIP Sto. Paio de Abaixo); Clubs de lectura (IES Allariz e CEP Xosé Mª Brea Segade); e Hora de Ler (CEIP A Pedra e IES Río Miño).
* Tíscar Lara: "Alfabetizar na cultura dixital"
* Glòria Durban: "A biblioteca escolar, un recurso educativo útil: o desenvolvemento de entornos presenciais de aprendizaxe e lectura"

Carlos Blanco deu peche a estas magníficas xornadas que ano tras ano nos fan reflexionar, que non é pouco, sobre o importante papel que a biblioteca xoga na sociedade en xeral e no noso alumnado en particular. É tempo de reflexión pero sobre todo, tempo de actuar, porque somos conscientes de que a biblioteca debe ir por diante se queremos que sexa esa ferramenta eficaz para o estudo e tamén esa variña máxica para a ilusión, a fantasía e a creación.

Onte foi o "Día das Bibliotecas", e o mellor modo de celebralo foi así,
rodeada de todos e todas vós!
Grazas Pilar e Cristina!
Grazas compañeiras e compañeiros!

Por suposto que, se queredes moita máis información, organizada, detallada e documentada con imaxes, sempre nos queda "O Segrel do Penedo"... que fariamos sen "el"??

3 comentarios:

O Segrel do Penedo dijo...

E que faríamos nós sen amigos coma vós?? Pero como foi tan pouquiño o tempo que tivemos para poder botar unha boa parrafada -aínda que fora a media voz...- coido que teremos que organizar unhas das nosas "Xornadas Gastronómico-Plambeiras". Non si??
Bicos faladores!!!

Chispa dijo...

Está ben, a biblio de Pazos apúntase.
Máis bicos, estes aínda medio faladores.

ALBA dijo...

Hola os echo de menos
a la que mas es aaaa
chispa y a ROSANA
ADIOS LLAIRE A UNA
BISITA