Sabemos o importante que é comer ben, e sabemos que é moi importante facelo ao longo de toda a vida. Pero ás veces non está de máis recordar que "comer ben" é unha aprendizaxe esencial durante a infancia, xa que axudará a os nosos fillos e fillas a facer unha escolla saudable e conciente da súa alimentación tamén na idade adulta.
Grazas a Silvia Méndez, de V de Vegetal, descubrimos cómo sacarlle todo o zume aos libros de receitas, cociñando xuntos e creando vínculos en torno á comida e os hábitos saudables de alimentación.
Comezamos na nosa Biblio, falando dos alimentos, da importancia de que sexan alimentos de proximidade para que o seu aporte de nutrintes sexa o óptimo, do que comen os nosos fillos, do valor nutricional do que comen, e moitas máis cousas.
E por supostísimo... estaba claro que nun obradoiro de nutrición había que cociñar. Así que mans á obra: Subimos ao noso recén estreado laboratorio dispostos a aprender dúas receitas supersaborosas e saudablesque ademais son aptas para o almorzo, a merenda ou a cea. Tomamos boa nota delas, porque de seguro que moitas familias incorporarannas a os seus menús a partir de agora.
En primeiro lugar, aprendimos a facer unhas mini-tortas de trigo sarraceno ás que engadimos banana e leite de améndoas.
Fanse nun suspiro, os peques poden colaborar, valen tanto para o almorzo como para a merenda - incluso a cea se non sodes de moita comida-, podémolas acompañar de froita, queixo ou o que se nos ocorra e ademais estaban increíblemente boas.
A verdade é que non temos excusas para non facelas na casa, verdade?
E tamén fixemos unhas papas de aveaen leite de améndoa -porridge - ás que lles engadimos froita e froitos secos. Toda unha delicia!
Mentras cociñaba, Silvia aproveitou para falarnos dos procesos que sufren os alimentos mentres os cociñamos e aprendimos a mellorar as nosas técnicas culinarias para que os ingredientes non perdan parte dos nutrintes polo camiño.
E para rematar, fixemos lectura da etiquetaxe dos alimentos e vimos cómo en moitas ocasións eses "semaforos nutricionais" que traen os envases xogan a facer trampas. Temos que estar moi atentos!
A verdade é que cada vez que vén Silvia, de V de Vegetal,polo cole quédanos un sabor de boca delicioso e co último bocado, xa estamos pensando en repetir. Hummmm! Unha experiencia deliciosa!
MAKE IT OPEN (MIO) é un proxecto de colaboración entre diversos axentes sociais co que construir a aprendizaxe de xeito globalizado dentro da filosofía "Open Schooling". Baseado na colaboración entre diferentes escolas que estean a traballar sobre o mesmo tema, familias, expertos, etc. coa finalidade de abordar diversos escenarios de aprendizaxe que resultan relevantes para o alumnado e a comunidade na que se desenvolven. Promóvese así unha actitude de cidadanía global activa.
Open Schooling é unha oportunidade de aprender xuntos no mundo real, ampliando os horizontes da escola para aprender doutras persoas de forma colaborativa. E nós comezamos a nosa andaina dentro deste formato de escola aberta da man dos Museos Científicos de A Coruña.
Así que comezamos a nosa andaina dentro do Make it Open coa adaptación á nosa realidade dun escenario de aprendizaxe sobre alimentación saudable, aproveitando os recursos que tiñamos máis próximos, e para iniciar ao noso alumnado na busca de respostas por si mesmos e a elaboración de produtos finais concretos, dentro desta cultura "maker" que define o proxecto "MIO".
Ao longo da semana fomos aprendendo sobre o tema cunha serie de propostas do máis variadas:
Comezamos cun "pecha-kucha" dunha selección de imaxes de Gregg Segal que serviríanos para reflexionar sobre os nosos propios hábitos alimentarios. Ademais, cada quen tomouse unha fotografía sobre o croma para sobrepoñela sobre as imaxes dos alimentos cos que nos identificamos.
Ao día seguinte falamos sobre o nivel de procesamento dos alimentos baseándonos nun vídeo que grabaran fai uns cursos os rebuldeir@s sobre "Realfooders vs Fakefooders
Traballamos coa aplicación YUKA e analizamos diferentes alimentos "con etiqueta" presentes no Mercado de Chispa e descubrimos que hai envases de produtos que parecen saudables e non o son. Polo que a nosa escolla ten que ser consciente xa desde o momento da compra. Analizamos, por tanto, o etiquetado e creamos os nosos envases de forma honesta.
O mércores, os maiores estiveron analizando a pegada ecolóxica dos produtos que consumimos, empregando un montón de recursos en liña que podedes consultar premendo na seguinte imaxe, se sodes tan curiosas coma nós.
O xoves planificamos a nosa receita: calculamos cantidades dos ingredientes, estimamos os tempos de preparación, "fixemos a compra" no Mercado de Chispa e traballamos cos tickets, comprobamos as incompatibilidades coas intolerancias alimentarias, investigamos sobre as propiedades dos alimentos que leva cada prato... e tamén recollimos por escrito todo isto para deixar constancia do proceso de elaboración da receita paso a paso.
E o venres... tivo lugar unha feira de degustación dos petiscos saudables que cociñaron cada unha das aulas:
Os peques de 3 e 4 anos fixeron "Brochetas de cores"
Os peques de 5 anos elaboraron "Guacamole con sardiñas"
@s rebuldeir@s cociñaron "Trufas de cacao e laranxa"
Os tritóns de 3º de E.P. sorprendéronnos con "Mel-mazá"
Os tritóns de 4º elaboraron unha laboriosa receita de "Trufas de Nadal"
E os maiores, Q.S.U, deleitáronnos cunha "crema de avelás saudable"
Foi unha semana xenial na que aprendimos un montón! E non só de alimentación saudable, senón tamén de lingua, mates, e moitas cousas máis xa que tivemos que por en funcionamento as nosas habilidades e un sen fin de estratexias para resolver todas estas tarefas. Pensamos que isto dos "escenarios de aprendizaxe" veu para quedar... Xa estamos argallando o próximo...
Este ano temos un importante cometido: mellorar en canto ao noso compromiso coa Axenda 2030. Por iso, plantexámonos un obxectivo mensualmente sobre o que reflexionar, tomar conciencia e pasar a acción a través do traballo cooperativo co impulso do noso PDI "espazODS para a concienciACCIÓN"
Durante o pasado mes de outubro o ODS sobre o que traballamos foi o ODS 3: SAÚDE E BENESTAR.
E ademáis de aprender un montón de cousas sobre alimentación e nutrición, primeiros auxilios, e a importancia do exercicio físico regular, pasámonos á acción.
Ao longo do mes fomos mellorando en canto á calidade nutricional das nosas merendas, identificando produtos ultraprocesados disfrazados de "bos procesados" e mudando as nosas escollas á hora da parva.
Os peques do cole o teñen moi claro. E pouco a pouco foron desaparecendo eses lácteos tipo "petit" que teñen graxas e azucre enmascarados e aparecendo outras merendas moito máis saudables, como a froita, os froitos secos, leite, queixos...
Traballamos sobre 2 infografías de "Teachers for Future" e tomamos conciencia do contido deses atractivos envases, que ademáis de pouco saudable, xera lixo.
Así, día a día, se a nosa merenda era saudable pegábamos un adhesivo na folla de rexistro, e cando chegábamos a 10, podíamos colorear unha franxa dunha batería.
E claro, tanto esforzo ao final tivo recompensa! Un xogo novo para un dos recantos da aula e un pequeno agasallo para cada un polo traballo en equipo ben feito. Como isto das parvas saudables xa é unha rutina, de seguido pediron unha nova batería para continuar co seu particular reconto.
Toda esta información valeralles aos maiores para traballar porcentaxes e crear gráficas, xa que están recollendo os datos de todo o cole para facer un rexistro global dos nosos hábitos de alimentación saudables.
____________
@s Rebuldeir@s andan a voltas loitando cuns viláns moi especiais, que probablemente recordaredes: SORBITOL, SEQUÍA, PEREZÓN e PANTALLO. Lembrádesvos?
Pois esta nova xeración de rebuldeir@s está a traballar sobre eles para mellorar os seus hábitos de vida saudable.
Sorbitol, para aprender a mellorar as nosas escollas coa comida;
Sequía, para lembrarnos da importancia de beber auga:
Perezón, para acordarse de mover o corpo;
e Pantallo, para ter presente o uso moderado dos dispositivos electrónicos e outras pantallas.
Pero ademáis fixeron un pequeno vídeo no que nos dan consellos á hora de escoller os alimentos para a parva. Non o perdades porque explican moi ben que é unha merenda saudable, por se a alguén lle quedaba algunha dúbida.
En canto aos medianos, os nosos Tritóns favoritos, traballaron un montón en torno aos hábitos de alimentación saudable. Elaboraron unhas pirámides alimentarias e algunhas propostas de menús saudables a medida que avanzaban na área de ciencias naturais, relacionando así os sistemas do corpo humano cos hábitos de vida saudable.
Aprenderon que para medrar sans e sentirnos ben non só é preciso alimentarse axeitadamente, senón que debemos manter uns hábitos de sono correctos e practicar algún deporte ou facer algunha actividade física.
E é que queremos coidarnos e manternos en forma para gozar de todo o que nos rodea.
____________________
E para rematar, os maiores do cole elaboraron un audiovisual no que nos fan un resumo completísimo do que aprenderon sobre primeiros auxilios grazas a esta misión sobre o ODS 3 e ademáis dannos uns consellos boísimos para manter a nosa saúde e benestar ao longo da vida. Non vos perdades detalle de todo o que nos contan!
E chegou o tempo de colleitar algúns dos froitos da nosa horta. Esta semana os peques deron conta dos rabaniños, dos chícharos e das leitugas que con tanto mimo plantaron. Moitos coidados e moita auguiña fresca ao longo destas semanas dunha morea de mans pequenas dispostas en todo momento a traballar.
Aquí os tedes en acción o día que apañaron e debullaron os chícharos da horta. 100% ecolóxicos 😋😋😋 Un traballo excelente para a motricidade fina destes pequenos labregos.
E tamén apañamos as leitugas! Vaia pinta tan boa que tiñan e que lindas as cariñas de felicidade dos peques con elas.
(preme nesta foto para acceder ao album completo)
E como non podía ser doutro xeito, esta fin de semana tocou ensaladas variadas e guarnición de chícharos. Ñam, ñam! Que marabilla cando escola e familia colaboran para crear hábitos de alimentación saudable, verdade?
Xa estamos chegando ao mes de xuño... Na parede da entrada do cole estaría colgado o anuncio do que está a piques de aconteder. Si, si, o sabedes moi ben:
UNHA NOVA EDICIÓN DO MATESPAZOS e os CHISPAZOS NUTRICIONAIS.
Ainda que desta volta, será unha "edición especial para o confinamento".
Diariamente, ás 9:00 da mañá, colgaremos o reto do día no blog da biblioteca e teredes que respostar a través de calquera dispositivo ao voso alcance. Cada quen debe facer o reto correspondente á súa categoría. Vaaaale, podedes contestalos todos se queredes, pero os puntos só os imos contabilizar na vosa, eh?
Teredes 24h para contestar.
Logo non admitirá máis respostas.
Unha soa resposta por participante.
E lembra voltar ao día seguinte!!!
E claro, se hai puntuación... hai premio. Isto é un concurso! O último día do cole facíamos a entrega dos premios, pero este ano os premios quedarán para setembro. Para os maiores entramos na V EDICIÓN de MATESPAZOS, para os nosos REBULDEIR@s será a segunda e temos de estrea aos pequesPazos. A ver que tal se lle dan estes desafíos matemáticos aos peques do cole! Todos os anos abríanse estas olimpiadas cunha historia na nosa biblioteca: "Fibonacci, el soñador de números" de Joseh D'Agnese, "Inventando números, deGianni Rodari... Este ano toca facelo a través do blog, así que aquí vos deixamos "El punto y la línea - Un romance en Matemáticas Elementales" de Norton Juster, nunha versión animada de Chuck Jones coa que acadou un Óscar á mellor curta de animación en 1965.
En canto aos CHISPAZOS NUTRICIONAIS, para todos e todas será a II EDICIÓN. O ano pasado quixemos cambiar a olimpiada matemática por unha olimpiada nutricional, e ao final quedámonos coas dúas!!! Estades engachadísimos ás mates, Eh? Xa sabedes o importantísimo que é coidar a nosa alimentación desde pequenos. Así, cando medredes, vos convertiredes en adultos saudables. Neste outro vídeo podedes ver cantos motivos temos para coidar a nosa alimentación.
Estades preparados para MATESPAZOS e CHISPAZOS NUTRICIONAIS? Comezamos en 4 días!!! Se queredes facer un pouco de memoria cos retos de anos anteriores, tédelos na parte superior do blog.
Esta corentena estásenos pasando, entre libros e fogóns, a mar de entretida. Aproveitamos este tempo confinados para relanzar o proxecto das vídeo-receitas que iniciamos o ano pasado e coma sempre, a resposta das familias está sendo excepcional! Se queredes facer memoria, podedes ver todas as vídeo-receitas publicadas ata o momento premendo na imaxe a continuación.
Como apoio ao noso proxecto de alimentación e vida saudable que estamos levando a cabo no noso cole, hoxe fixemos unha visita ao Gadis de Portanova, un dos centros desta cadea de supermercados nos que se está a desenvolver o programa ALIMENTES: Unha aposta educativa para fomentar os hábitos de consumo responsable e unha alimentación saudable dos máis novos das casa. Ademais, desde a propia web da campaña, tedes acceso a un montón de materiais didácticos moi atractivos que podedes facer desde a casa entorno a estes catro eixos: alimentación saudable, vida activa, consumo responsable e desperdicio alimentario.
Nesta visita ademais de ensinarnos as diferentes seccións do supermercado faláronnos da importancia da alimentación sobre a nosa saúde. Aprendemos como se clasifican os alimentos na pirámide de nutrición e que esta indícanos a frecuencia coa que debemos consumilos. A base dunha alimentación saudable reside en comer todos os grupos de alimentos, pero priorizando os productos frescos e incluíndo unha importante cantidade de froitas e verduras.
Ao final da visita obsequiáronnos cunha mochila cunha pequena merendiña saudable da que gozamos no parque de Portanova. Como nos gustan estas visitas nas que temos oportunidade de espallarnos un pouco pola nosa cidade!
Hoxe foi un día especial, xa que grazas á colaboración da ANPA do cole puidemos contar coa presenza dunha nutricionista para realizar unha xornada de obradoiros sobre alimentación saudable e nutrición. E que mellor lugar para levala a cabo que o noso "Mercado de Chispa"?
Non podemos facer máis que darlle as grazas a María Eugenia Pastor Beceiro, experta en nutrición, que tiña preparado uns obradoiros moi activos para cada un dos diferentes cursos. Púxonos a traballar a todos... desde os máis pequenos aos máis grandes, a través de xogos e elementos lúdicos cos que pretendeu concienciar aos nenos e as nenas sobre o mundo dos ultraprocesados. Realmente, dounos moitas claves para comprender que a verdadeira revolución está na cesta da compra.
Tamén temos que darlle as grazas a Rebeca del Río, nai de Érica e tesoureira da ANPA, fotógrafa en Mirada de Madrina, por esas preciosas fotos que saca sempre e que fan que "O Mercado de Chispa" luza aínda máis bonito.
Estade atentos porque os Rebuldeir@s de Pazos están ultimando a súa producción para amosarvos todo o que aprenderon...
EXPOSICIÓN ORAL (Apoio en IMPRESS) "MULLERES"
-
[image: https://photos.app.goo.gl/Y2evvftTfB4yVw4D3]
Estas semanas pasadas estivemos preparando uns traballos sobre mulleres que
destacaron ou destacan na ...