Amosando publicacións coa etiqueta Minimaratón Kathrine Switzer. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Minimaratón Kathrine Switzer. Amosar todas as publicacións

venres, 8 de marzo de 2024

V Maratón Kathrine Switzer

Un ano máis, e xa van cinco, o 8 de marzo, Día da Muller, celebramos a nosa particular edición do Maratón Kathrine Switzer como un xeito de visibilización da loita das mulleres para lograr a igualdade plena de dereitos en todos os ámbitos. 


Esta fotografía é de Rebeca, de Mirada de Madrina, que xenerosamente fixo as fotos deste día, 
un ano máis, e polas que non nos cansamos de darlle as grazas!
Se premes nela accedes ao álbum con todas as fotografías.

Organizamos esta carreira simbólica na honra de primeira muller que logrou correr unha maratón con dorsal, no Boston de 1967 e que grazas ao seu esforzo logrou que cinco anos máis tarde permitírase a inscripción de calquera muller nesta proba deportiva, ata entón vetada para elas.


Cando miramos as imaxes do que aconteceu aquel día parécennos ciencia ficción, mais hai non tantas décadas a discriminación da muller en moitos ámbitos da vida estaba normalizada. Grazas a mulleres teimudas coma ela que loitaron por conseguir un mundo máis xusto, hoxe vivimos nun mundo máis igualitario.


Esta edición, sen dúbida, quedará gravada na nosa memoria pola choiva e o vento deste día que fixo que a celebración fora un pouco máis breve que outros anos... Aínda así, aquí quedan algunhas fotografías para o recordo, algunhas "pasadas por auga".








Este ano, novamente, fixemos unha nova tirada de medallas coa impresora 3D de Biblioteca Creativa: un 8, un M e a nosa meiga Chispa para celebrar este día. Que recordo máis bonito!

Infantil A

Infantil B

Rebuldeir@s de 1º

Rebuldeir@s de 2º

Tritóns de 3º

Tritóns de 4º

E Q.S.U.

E por suposto, tamén as nosas nais (e algunha máis)!

Para que o mundo esté cheo de moitas Kathrine Switzer, mulleres bravas que abran o camiño para as que virán... ou mellor aínda, para que no mundo non sexa preciso seguir reivindicando a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Que viva o 8M e que viva o cole de Pazos!

mércores, 8 de marzo de 2023

IV Minimaratón Kathrine Switzer

Un ano máis, e xa van catro, o 8 de marzo, Día da Muller, celebramos a nosa particular edición do Maratón Kathrine Switzer como un xeito de visibilización da loita das mulleres para lograr a igualdade plena de dereitos en todos os ámbitos.

Se premes nesta fotografía, accedes ás fotos que nos sacou Rebeca, de Mirada de Madrina.

Organizamos esta carreira simbólica na honra de primeira muller que logrou correr unha maratón con dorsal, no Boston de 1967 e que grazas ao seu esforzo logrou que cinco anos máis tarde permitírase a inscripción de calquera muller nesta proba deportiva, ata entón vetada para elas.


Cando miramos as imaxes do que aconteceu aquel día parécennos ciencia ficción, mais hai non tantas décadas a discriminación da muller en moitos ámbitos da vida estaba normalizada. Grazas a mulleres teimudas coma ela que loitaron por conseguir un mundo máis xusto, hoxe vivimos nun mundo máis igualitario.


Esta foto é de Rebeca del Río, pero se premes nela accedes ao álbum completo das fotos da cámara do cole, que aínda que se fan con moito cariño, non teñen a mesma calidade nin de lonxe.

Este ano tivemos que realizar a carreira no interior do centro por mor do mal tempo, pero aínda así abrimos as portas ás familias, que se achegaron para compartir con nós esta gran festa do feminismo, da igualdade e do deporte. Deixámosvos con algunhas imaxes da carreira para que os que non puidestes achegarvos ao cole, a gocedes tanto como o fixemos nós.

Peques de 3 anos
Peques de 4 anos
Peques de 5 anos
Rebuldeir@s de1º de EP
Rebuldeir@s de 2º de EP
Tritóns de 3º de EP
Tritóns de 4º de EP

Q.S.U.
E profes e familias.

E logo tocou a entrega de medallas, desta volta feitas na impresora 3D da nosa biblio: moradas e coa nosa Chispa ben presente. Unha chulada, verdade?

E aquí tedes os grandes protagonistas deste día!!!









Grazas a todas e a todos por vir e participar. 
Especial agradecemento a Rebeca del Río que un ano máis, cámara en man, saca sempre o mellor de cada instante. Menuda crack!

E velaiquí tedes o vídeo-resumo da xornada.


E o ano que vén? O ano que vén máis e mellor. 
Imos a polo V Minimaratón Kathrine Switzer!

martes, 8 de marzo de 2022

III Mini-maratón Kathrine Switzer no CEIP de Pazos

Un ano máis quixemos celebrar o 8M poñendo en valor a figura dunha pioneira valente, Kathrine Switzer, que desafiou as regras establecidas para facerse valer e reivindicar o dereito das mulleres a ser libres, loitando contra o teito de cristal que moitas veces nos impón a sociedade.

(se premes nesta foto accedes ao álbum de fotos que tirou Juanjo)

Por iso, organizamos o III Mini-maratón Kathrine Switzer, desta volta, no exterior do Centro para que as familias puidérades achegarvos a compartir con nós este momento de alegría, compañeirismo e reivindicación dun mundo máis igualitario.

Aínda que o tempo quixo facer das súas e pingou un pouco ao principio da maña, confiamos en que nos ía dar unha tregua para a hora da carreira. E así foi! 

Unha alegre xornada na que houbo entrega de dorsais aos participantes, familias incluídas, carreiras por idades e entrega de medallas con foto final. E fotógrafos... moitas cámaras tirando fotos e todas chulísimas. 

pequesPazos

Rebuldeir@s

Tritóns

Q.S.U.

e familias!

E como vos dicíamos, tivemos a sorte de ter a máis dun fotógrafo. Unha vez máis Rebeca del Río, de Mirada de Madrina, tirou as fotos deste día e xa sabedes que sempre nos saca fenomenal. Preme en calquera delas para acceder ao álbum completo coas súas fotos.





 

E aquí tedes as fotos do podium, coas nosas medallas no pescozo!


E aínda faltan as fotos do cole! Podedes acceder ao álbum premendo en calquera destas últimas fotos. Como vedes, o profe Pablo tivo un papel fundamental na organización deste día e na que colaborarou moi activamente o alumnado nas sesións de Educación Física previas a esta xornada, marcando distancias e axudando na sinalización. 





Como vedes, correu todas as carreiras cunha cámara de vídeo na man, así que estamos arelando ver a montaxe final, verdade? Pois aquí está!!!

Pois isto foi todo. O ano que vén, máis e mellor!

Por moitos 8M nos que reivindicar a igualdade, sexa unha festa festa do deporte, a amizade, o compañeirismo e a alegría.




#espazODSparaaconcienciACCIÓN