Un ano máis quixemos celebrar o 8M poñendo en valor a figura dunha pioneira valente, Kathrine Switzer, que desafiou as regras establecidas para facerse valer e reivindicar o dereito das mulleres a ser libres, loitando contra o teito de cristal que moitas veces nos impón a sociedade.
Por iso, organizamos o III Mini-maratón Kathrine Switzer, desta volta, no exterior do Centro para que as familias puidérades achegarvos a compartir con nós este momento de alegría, compañeirismo e reivindicación dun mundo máis igualitario.
Aínda que o tempo quixo facer das súas e pingou un pouco ao principio da maña, confiamos en que nos ía dar unha tregua para a hora da carreira. E así foi!
Unha alegre xornada na que houbo entrega de dorsais aos participantes, familias incluídas, carreiras por idades e entrega de medallas con foto final. E fotógrafos... moitas cámaras tirando fotos e todas chulísimas.
Pois isto foi todo. O ano que vén, máis e mellor!
Por moitos 8M nos que reivindicar a igualdade, sexa unha festa festa do deporte, a amizade, o compañeirismo e a alegría.
Ningún comentario:
Publicar un comentario