Esta semana tivemos unha visita moi especial. Trátase dun auténtico enxame de abellas coa súa raíña á cabeza. Si, si... estades escoitando ben. Pero non viñeron soas; viñeron acompañadas de Nico, de Apípolis, que é un centro para a comprensión das relacións existentes entre os seres humanos e as abellas e que pretende amosar a importancia que estas teñen para nós e para o medio ambiente.
Tivemos dúas sesións dobles, para manter os grupos de convivencia estable. O mércores 9 foi a quenda dos pequesPazos e Rebuldeir@s e o xoves 10, a dos Tritóns e maiores. Podes ver as fotos de cada un dos días, premendo nestas imaxes.
Grazas a unha colmea de observación puidemos velas en directo con total seguridade. Identificamos á raíña, os abázcaros e as obreiras e tamén vimos as celas coas larvas, o pole e o néctar almacenado.
Explicáronnos tamén cómo as abellas recolectan o pole e cómo hai que facer para que as abellas non o leven para dentro da colmea nas súas patiñas traseiras. E probámolo!!! Ten moitas propiedades xa que reforza o noso sistema inmunolóxico.
Pero se queríamos probar o mel, tíñamos que traballar duramente, así que Nico fíxonos por en funcionamento a centrifugadora dos favos. E para iso era preciso a enerxía mecánica. Pois veña, a darlle!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario