Amosando publicacións coa etiqueta Escritores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Escritores. Amosar todas as publicacións

xoves, 25 de febreiro de 2016

O RAPOSO E A MESTRA, de MANUEL O´RIVAS

Onte, á parte de celebrar o Día de Rosalía, os nenos e nenas de 3º asistiron ao Teatro Jofre a ver o espectáculo de "O raposo e a mestra", de Manuel O´Rivas, con ilustracións de Jacobo Fernández Serrano, publicado pola  Ed. Xerais, na colección Sopa de Libros.
Podedes facervos unha idea do que alí aconteceu, xa que atopamos esta  gravación doutra ocasión, que tiramos de Internet, subido por A. Fernández.

E aquí están as nosas fotos. Agradecemos a Manuel este espectáculo e a súa paciencia á hora de atender a todos os pequenos e pequenas. Moitas grazas polas túas palabras agarimosas e o teu bo facer. E a Xerais e ao Concello, grazas por eses libros, e por poder celebrar este día especial cunha fermosa actividade e nun ambiente tan agradable, coma sempre que visitamos o teatro da nosa cidade.

Agardando...




Baño de multitudes

A despedida
.

mércores, 10 de xuño de 2015

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ. PREMIO DOS CLUBS DE LECTURA 2015

Dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares chéganos este vídeo no que Agustín Fernández Paz, como escritor e mestre retirado, fai unha reflexión sobre a importancia dos Clubs de Lectura e as Bibliotecas escolares en xeral:
"No traballo escolar, os froitos non se ven ou tardan moito en verse. Ti traballas cun alumnado e ese alumnado despois vaise, e non sabes se esas sementes que ti trataches de plantar aí, agromarán; nin como agromaran. Eu dígovos que, tede a seguridade,  agromarán... Estades facendo, coa vosa práctica, persoas máis críticas, máis libres; por tanto estades axudando a construír unha sociedade máis xusta... Sodes sementadores de futuro..."
Noraboa para Agustín por este merecido premio e os nosos agradecementos polo seu labor como escritor que tan bos momentos nos ten proporcionado e segue a proporcionar. 
É sempre un pracer escoitalo.
Recordades estas dúas imaxes que  nunha saída ás Fragas do Eume tomáramos o curso pasado. Hoxe cómpre velas de novo, non si?



sábado, 25 de abril de 2015

ENCONTRO CON YOLANDA CASTAÑO no IES de Catabois

O pasado 22 de abril asistimos ao IES de Catabois, invitados polo centro para participar, coma outros anos, nunha xornada de celebración do Día do Libro. Escoitamos aos alumnos e alumnas que forman parte dos clubes de lectura, participamos no Mercadillo solidario (con actuación musical incluída!) e gozamos coa visita de Yolanda Castaño. 
No cole, pola mañá antes de saír fixemos a lectura de dous dos libros que temos na biblio e que recomendamos: PUNVER (Ed. Galaxia) e VERDEDADES (Biblos Clube de Lectores).
Foi unha moi boa mañá, e, dende aquí queremos agradecer ao Equipo da Biblioteca e á Dirección do centro a súa acollida.

sábado, 17 de maio de 2014

17 de MAIO de 2014: POETA DÍAZ CASTRO



E aquí están as imaxes da celebración: