mércores, 10 de xuño de 2015

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ. PREMIO DOS CLUBS DE LECTURA 2015

Dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares chéganos este vídeo no que Agustín Fernández Paz, como escritor e mestre retirado, fai unha reflexión sobre a importancia dos Clubs de Lectura e as Bibliotecas escolares en xeral:
"No traballo escolar, os froitos non se ven ou tardan moito en verse. Ti traballas cun alumnado e ese alumnado despois vaise, e non sabes se esas sementes que ti trataches de plantar aí, agromarán; nin como agromaran. Eu dígovos que, tede a seguridade,  agromarán... Estades facendo, coa vosa práctica, persoas máis críticas, máis libres; por tanto estades axudando a construír unha sociedade máis xusta... Sodes sementadores de futuro..."
Noraboa para Agustín por este merecido premio e os nosos agradecementos polo seu labor como escritor que tan bos momentos nos ten proporcionado e segue a proporcionar. 
É sempre un pracer escoitalo.
Recordades estas dúas imaxes que  nunha saída ás Fragas do Eume tomáramos o curso pasado. Hoxe cómpre velas de novo, non si?



1 comentario:

Ana Martínez dixo...

Graciñas pola información, Chispa. Unha aperta.