jueves, 18 de junio de 2015

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS e ÚLTIMOS RECREOS

Alejandra, Sofía, Irene e Elia cos novos mandís do Equipo da Biblio. Molan!
Estes últimos días foron días de ensaios, preparación da Exposición dalgúns dos traballos que fixemos ao longo do curso, recreos relaxados e emocións contidas ante as despedidas que se aveciñan. Na imaxe están catro das máis fieles traballadoras do Equipo da Biblioteca. Xa apuntaban maneiras en 3º; en 4º, consolidáronas. ¿Que pasará en 5º e 6º? Van ser as donas da Biblioteca, as organizadoras dos eventos e as máximas dinamizadoras! Se as deixamos seguro que o fan. A que si?
Nas imaxes ides ver "LIBROS CON HISTORIA", algúns dos que fomos facendo estes últimos cursos: libros colectivos elaborados co traballos de todos os nenos e nenas; os resultados dun pequeno proxecto que fixo o alumnado de 6º sobre a alimentación; algunhas das pezas de barro que cocemos este ano; teares, figuras de plastilina, collages, decoración de mandalas, debuxos...


1 comentario:

Ana Martinez dijo...

Que bonitas exposicións e que bonitos delantais para os axudantes da biblioteca!!!!!! Unha aperta.