venres, 19 de xuño de 2015

CHEGAMOS AO FINAL: ACTUACIÓNS E DESPEDIDAS

Crédenos se vos dicimos que hoxe tivemos un dos mellores festivais dos que recordamos. Estreamos escenario, sólido e sen ruídos; estreamos luces e parte da megafonía. Tivemos moitas e boas actuacións e dúas emotivas despedidas. Marchan como cada ano os nenos e nenas de 6º. Algúns estiveron con nós dende pequeniños, sorprendímonos cada verán cando os viamos aparecer un palmo máis altos e máis guapos. E volta a comezar curso tras curso. A outros tivemos a sorte de coñecelos, aínda que tarde, chegados nos últimos cursos. A todos e todas botaremos de menos porque xa forman parte do corazón do colexio.
E tras dezasete anos derrochando vitalidade e saber facer, marcha a nosa compañeira Feli. Para ela vai o noso agarimo e o dos nenos todos. No Biblioteca queda a CADEIRA DA FELI...CIDADE. Xa vos contaremos dela...

1 comentario:

Ángeles dixo...

Que rápido paso o tempo. Eu fun a profe de Sonia, Lucas cando comezaron no cole. Tamén fun profe de Rafa cando estaba no grupo de tres anos. Moitos bicos para todos.