Amosando publicacións coa etiqueta Mirada de Madrina. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mirada de Madrina. Amosar todas as publicacións

venres, 8 de marzo de 2024

V Maratón Kathrine Switzer

Un ano máis, e xa van cinco, o 8 de marzo, Día da Muller, celebramos a nosa particular edición do Maratón Kathrine Switzer como un xeito de visibilización da loita das mulleres para lograr a igualdade plena de dereitos en todos os ámbitos. 


Esta fotografía é de Rebeca, de Mirada de Madrina, que xenerosamente fixo as fotos deste día, 
un ano máis, e polas que non nos cansamos de darlle as grazas!
Se premes nela accedes ao álbum con todas as fotografías.

Organizamos esta carreira simbólica na honra de primeira muller que logrou correr unha maratón con dorsal, no Boston de 1967 e que grazas ao seu esforzo logrou que cinco anos máis tarde permitírase a inscripción de calquera muller nesta proba deportiva, ata entón vetada para elas.


Cando miramos as imaxes do que aconteceu aquel día parécennos ciencia ficción, mais hai non tantas décadas a discriminación da muller en moitos ámbitos da vida estaba normalizada. Grazas a mulleres teimudas coma ela que loitaron por conseguir un mundo máis xusto, hoxe vivimos nun mundo máis igualitario.


Esta edición, sen dúbida, quedará gravada na nosa memoria pola choiva e o vento deste día que fixo que a celebración fora un pouco máis breve que outros anos... Aínda así, aquí quedan algunhas fotografías para o recordo, algunhas "pasadas por auga".








Este ano, novamente, fixemos unha nova tirada de medallas coa impresora 3D de Biblioteca Creativa: un 8, un M e a nosa meiga Chispa para celebrar este día. Que recordo máis bonito!

Infantil A

Infantil B

Rebuldeir@s de 1º

Rebuldeir@s de 2º

Tritóns de 3º

Tritóns de 4º

E Q.S.U.

E por suposto, tamén as nosas nais (e algunha máis)!

Para que o mundo esté cheo de moitas Kathrine Switzer, mulleres bravas que abran o camiño para as que virán... ou mellor aínda, para que no mundo non sexa preciso seguir reivindicando a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Que viva o 8M e que viva o cole de Pazos!

venres, 2 de febreiro de 2024

Recollida de micropellés en Doniños

Este venres a comunidade educativa do cole de Pazos - alumnado, profesorado e familias - desprazouse ate o areal de Doniños para facer unha recollida de lixo mariño, motivados polo vertido de micropellés o pasado mes de decembro, cando o cargueiro Toconao perdeu 23,6 toneladas deste material.

Por alí tamén estaba Rebeca, de Mirada de Madrina, coa súa cámara na man e agasallounos con estes disparos. Grazas! 💖

Preme nesta imaxe para acceder ao álbum coas fotos de Rebeca, de Mirada de Madrina.





E aínda que non recollimos unha gran cantidade de micropellés, si que retiramos bastantes plásticos da praia. Tomemos consciencia de que calquera peza de plástico, por pequena que sexa, sobra na area. Na praia só ten que estar o que lle pertence. Nada máis nin nada menos. Nós sabémolo moi ben e como bos activistas puxémonos mans á obra.

Contactamos con ADEGA, quen nos facilitou o protocolo de actuación para a recollida destes resíduos e algúns materiais para a recollida, como coadores, peneiras, capazos... 

Queda pendente aínda o pesado e a estimación da cantidade de resíduos recollidos previo á clasificación e tratamento dos mesmos. 

Agardamos que esta acción sexa o detonante dun hábito sostido no tempo para o noso alumnado, porque xa sabedes sodes os motores do cambio e que pequenos xestos poden facer do mundo un lugar mellor.

Preme nesta outra fotografía para ver as fotos que sacamos as profes durante a xornada.



"esPazODS_para_a_concienciACCIÓN"







mércores, 21 de xuño de 2023

Despedimos o curso desde Ares, xunto ás nosas familias

E mentres os maiores estaban en Doniños facendo surf, @s peques de Pazos e os rebuldeir@s achegámonos ata Ares para gozar dunha mañá de xogos, primeiro no parque...






E despois na praia...




Podes acceder ao álbum premendo nesta última imaxe.

E logo viñeron as nosas familias, e compartimos con elas o xantar e parte da tarde. Que gozada de día pasamos xunt@s!

E como Rebeca de Mirada de Madrina tamén estaba alí, agasallounos cunhas fotazas da praia que son, coma sempre, unha bonitura!
E para mostra, un botón.
Preme nesta imaxe para acceder ao álbum completo coas fotos de Rebeca, de Mirada de Madrina.

Feliz verán, felices vacacións e felices lecturas.

Vémonos en setembro!!!

Surf en Doniños para rematar o curso

Isto se acaba, pero haberá que celebralo ao grande! 

Para despedir o curso, os maiores do cole - de 3º a 6º de Primaria - foron ata Doniños para practicar surf, desta volta coa escola Valdo Surf coa que xa nos iniciamos o curso pasado.

E por aí estaba Rebeca, de Mirada de Madrina, quen nos agasallou con estes fotóns. Que podemos dicir... que coma sempre, son incribles💖


 






💦 Un día para o recordo 💦
Grazas mil e unha veces máis polas fotos, Rebeca!


Preme nesta última imaxe para acceder ao álbum completo coas fotos de Rebeca, de Mirada de Madrina