venres, 8 de marzo de 2024

V Maratón Kathrine Switzer

Un ano máis, e xa van cinco, o 8 de marzo, Día da Muller, celebramos a nosa particular edición do Maratón Kathrine Switzer como un xeito de visibilización da loita das mulleres para lograr a igualdade plena de dereitos en todos os ámbitos. 


Esta fotografía é de Rebeca, de Mirada de Madrina, que xenerosamente fixo as fotos deste día, 
un ano máis, e polas que non nos cansamos de darlle as grazas!
Se premes nela accedes ao álbum con todas as fotografías.

Organizamos esta carreira simbólica na honra de primeira muller que logrou correr unha maratón con dorsal, no Boston de 1967 e que grazas ao seu esforzo logrou que cinco anos máis tarde permitírase a inscripción de calquera muller nesta proba deportiva, ata entón vetada para elas.


Cando miramos as imaxes do que aconteceu aquel día parécennos ciencia ficción, mais hai non tantas décadas a discriminación da muller en moitos ámbitos da vida estaba normalizada. Grazas a mulleres teimudas coma ela que loitaron por conseguir un mundo máis xusto, hoxe vivimos nun mundo máis igualitario.


Esta edición, sen dúbida, quedará gravada na nosa memoria pola choiva e o vento deste día que fixo que a celebración fora un pouco máis breve que outros anos... Aínda así, aquí quedan algunhas fotografías para o recordo, algunhas "pasadas por auga".








Este ano, novamente, fixemos unha nova tirada de medallas coa impresora 3D de Biblioteca Creativa: un 8, un M e a nosa meiga Chispa para celebrar este día. Que recordo máis bonito!

Infantil A

Infantil B

Rebuldeir@s de 1º

Rebuldeir@s de 2º

Tritóns de 3º

Tritóns de 4º

E Q.S.U.

E por suposto, tamén as nosas nais (e algunha máis)!

Para que o mundo esté cheo de moitas Kathrine Switzer, mulleres bravas que abran o camiño para as que virán... ou mellor aínda, para que no mundo non sexa preciso seguir reivindicando a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Que viva o 8M e que viva o cole de Pazos!

Ningún comentario: