Durante mes e medio tivemos con nós unha das coleccións dos "Libros de Ida y Vuelta" da Fundación Germán Sánchez Ruipérez: "Leer a carcajadas", unha colección adaptada para os maiores de dez anos.
Foi todo un éxito ter estes libros con nós, e decidimos facer unha boa despedida para que todo o alumnado, incluso os máis pequenos, puidese, polo menos un día, disfrutar dalgunhas das súas páxinas. Así que preparamos un programa e fixemos dúas actuacións, primeiro para os maiores, e despois para os pequenos. Repartimos narices de pallaso, globos de cores e moitos risos e sorrisos. Incluso algún bostezo, pero de broma, eh?
"Natacha", "28 historias de risa", "El apestoso hombre queso y otros cuentos maravillosamente estúpidos" e "Batacazos. Poemas para reírse" foron os libros de onde seleccionamos os textos para interpretar




Aquí vos deixamos dúas reportaxes:
Actuación para 2º e 2º e 3º ciclos de Primaria.





