mércores, 3 de decembro de 2008

FUNDACIÓN GERMÁN SÁNCHEZ RUIPÉREZ



Esta é a colección da Fundación Germán Sánchez Ruipérez, da que podemos disfrutar desde o pasado 21 de novembro, e que permanecerá na nosa Biblioteca ata o 16 de xaneiro. Permítenos comparar esta selección cos fondos existentes nos nosos andeis e completala durante un tempo para poder disfrutar dela traballando nas aulas ou, incluso, facendo o habitual empréstito para as casas.
Esta fundación está, como ela mesma expón, "comprometida cun ambicioso proxecto cultural e educativo nunha sociedade democrática.

Estimular as formas máis variadas de creación cultural, contribuír ao fomento da lectura, á innovación educativa e ao desenvolvemento dos estudos universitarios, son obxectivos que orientan as nosas accións"

Ningún comentario: