lunes, 8 de diciembre de 2008

PINTANDO CON ZAPATOS




Hoxe pintamos con zapatos, unha actividade divertidísima, sen dúbida. Pintamos cos zapatos nos pés, pero tamén cos zapatos nas mans, empregándoos como inusuais pinceis.
Pero esta actividade non é unha actividade aillada, senón que vai enmarcada dentro dun proxecto máis grande sobre os zapatos. Na aula de 3 anos estamos traballando o número 2, por iso, que mellor que empregar obxectos que indiscutiblemente teñen que formar unha parella.
Pero non só pintamos con zapatos. Os zapatos sérvennos para traballar un montón de conceptos matemáticos: emparellámolos de dous en dous, clasificámolos segundo o seu tamaño (grandes e pequenos), polo material do que están feitos (de tea, de goma, de pel), zapatos abertos ou pechados... Facemos con eles series... A verdade é que os zapatos valen para todo, para todo o que un queira que vallan, claro. Ás veces olvidámonos de que as cousas máis sinxelas e ás que non lles prestamos moita atención - ¿quen vai reparar nun montón de zapatos vellos? – poden ter moita utilidade cando se exploran coa mirada dun neno.
Tamén empregamos os zapatos vellos para adornar a árbore de Nadal: pintámolos, botámolles purpurina, pegamos unhas pegatinas, puxémoslles un laciño e xa temos convertido uns zapatos vellos nuns preciosos adornos listos para colgar.
Pero as cousas non rematan aquí, xa que a vindeira semana teremos a “Olimpiada dos zapatos”. Os deportes a practicar: lanzamento de zapatos, carreiras de relevos con zapatos e carretamento de zapatos. Xogando e rindo cos zapatos aprendemos tamén a convivir e así gañamos todos.
Invitamos a todos os membros da comunidade educativa: nenos/as, profes e pais/nais a traer todos os zapatos vellos que teñan na casa, pois isto acaba de comezar.Tamén queremos facer un mural con fotos de zapatos, así que estades todos e todas convidados á nosa aula para sacarlle unha foto aos zapatos que levedes postos.

4 comentarios:

Chispa dijo...

Noraboa a Rosa e aos seus artistas. Xa me gustaría a min pasearme por ese cadro tan marabilloso e deixar a miña pegada de tacón. Felicidades por esta idea tan creativa.
Recibide un bico moi, moi pero que moirequetegrande da vosa amiga Chispa.

Chispa dijo...

Perdón, quixen dicir "moi requetegrande".

bibliotecadocole dijo...

Un traballo orixinal e divertido.Parabens a esas profes tan creativas.

Leo dijo...

Eu eso dos zapatos non o levo moi ben. ¡As sereas non temos onde os poñer!
Pero dádesme moita envexa porque parece divertidíiiiiiiiiiiiiiisimo!!!!
Vou probar a facer pegadas coa miña cola, ¡Ala!