Hai un ano celebrabamos o Día Internacional dos Dereitos Humanos . Mañá, na Biblioteca celebrarémolo novamente, xa que dende a Área de Solidariedade, Cooperación e Voluntariado do Concello de Ferrol nos ofrecen a actuación dun contacontos de temática solidaria relacionada con esta conmemoración.
Tamén vos invitamos a ver os contos que forman parte desta colección, que trata de forma específica algún dos dereitos que se recollen na Convención dos Dereitos Humanos: a igualdade, a saúde, o benestar, a educación e a protección. Ademais Kontu kontari deseña os seus contos subtitulándoos e acompañándoos dunha tradución simultánea á linguaxe de signos.
Vía Raioteca, o blogue dos nosos amigos e amigas da Biblioteca de Andrade.
1 comentario:
Gustáronos estes contos. Eu quero velos na biblioteca maña
Publicar un comentario