Amosando publicacións coa etiqueta Contos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Contos. Amosar todas as publicacións

venres, 31 de xaneiro de 2020

Celebramos o Día Escolar da Paz e a Non Violencia

Desde 1964 celébrase o Día Escolar da Paz e a Non Violencia, e desde o ano 1993 esta xornada é recoñecida pola ONU. Conmemórase a morte de Mahatma Gandhi líder espiritual da India, asesinado en 1948 por un integrista hindú. 
O obxectivo desta celebración é a educación en e para a tolerancia, a solidaridade, a concordia, o respecto aos dereitos humanos, a non-violencia e a paz.

Unha das propostas para esta celebración foi a elaboración dun mural colectivo a modo de quebracabezas xigante na que participou todo o alumnado do centro. A que quedou precioso? 
É unha versión dun deseño de Romero Britto.

E ademáis, como documentamos o proceso da montaxe, agora podedes ver un vídeo de cómo o fixemos.






Logo xuntámonos todos na Biblioteca para contarnos uns aos outros como traballamos a paz en cada unha das aulas. 
Cada grupo escolleu un libro e realizou a súa propia interpretación. 
Os peques do cole traballaron o conto "A nena máis pequena de toda a escola" de Justin Roberts. Convertíronse nos protagonistas da historia e aprenderon que ata o detalle máis pequeno ten o poder de mudar as cousas e recordáronnos que eles, ainda que son os máis pequenos da escola, están a velo todo... pero todo, todo.





Os rebuldeiros de Pazos traballaron co conto "A gran fábrica das palabras", de Agnes de Lestrade. Eles tamén fixeron unha montaxe audiovisual poñendolle a voz en off ao conto. E nos explicaron cales eran as palabras máis valiosas para eles... amizade, amor, adorar, axudar... Canta sabedoría nestes pequenos!!!






E chegou o turno dos de 3º e 4º, que traballaron co conto "A mesiña da avoa" que trata sobre el respecto aos maiores e o valor das persoas. Unha lección de vida que debemos ter sempre presente. 

Remataron a súa contribución a o Día da Paz recitándonos un poema de Antonio García Teijeiro.




E finalmente, os maiores de 5º e 6º, que traballaron o libro "A historia de Erika" de Ruth Vander Zee que nos fala sobre a realidade do holocausto e o exterminio dos xudeos a mans dos nazis, cruda parte de historia do siglo XX, que estamos na obriga de recordar para que non volva a repetirse.



E por suposto, rematamos o día cunha pequena sesión de fotos diante do noso mural e cos papaventos cheos de arelos e esperanza. Non vos perdades todas as fotos deste gran día de celebración, premendo nesta última imaxe.


mércores, 8 de maio de 2019

Contacontos: "UN LIBRO", de Hervé Tullet

https://photos.app.goo.gl/R5FnAs6AKM5xUPSXA
Este martes, a profe Cris e os nenos e nenas de Infantil "moveron e contaron" un conto. Así como soa, despois de moito, moitísimo traballo, cada un deles ten a súa propia versión do conto que nos amosaron: "UN LIBRO",  de Hervé Tullet.
E ademais fixeron un xogo para os voluntarios que quixeron probar os deseños deste imaxinativo libro. Se a todo iso lle sumamos o agasallo que nos repartiron, e que tamén fixeron eles, ben merecen
 un SÚPER APLAUSO...,
e outro grande para a profe, eh?  ; )

xoves, 29 de xuño de 2017

AS AVENTURAS DE MARIÑA

E estoutro: "AS AVENTURAS DE MARIÑA", que podedes ler máis abaixo, é o segundo conto que resulta   da mesma fermosa experiencia da que falabamos na entrada anterior.  A nosa compañeira de 1º e 2º, Kelly Picos, realizouna en colaboración co alumnado de 3º de Primaria do CEIP Magaláns-Dorrón (Sanxenxo).
Non vos perdades a mensaxe!

Novos PARABÉNS ás escritoras e escritores que participaron na creación deste conto. 
E GRAZAS ÁS PROFES POR ACHEGÁRNOLOS
QUEREMOS UN TERCEIRO TÍTULO PARA O VINDEIRO CURSO.
 AAAAH, SENÓN, NON TER EMPEZADO!!!

A CASA ENCANTADA

Este que vedes a continuación é resultado dunha fermosa experiencia que a nosa compañeira de 1º e 2º, Kelly Picos, realizou cos alumnos de 3º de Primaria do CEIP Magaláns-Dorrón (Sanxenxo).
O título é "A CASA ENCANTADA"
Parabéns ás escritoras e escritores que participaron na creación deste conto. Dende aquí animámolos a que o vindeiro curso continúen con esta experiencia tan enriquecedora.
BICOS DE CHISPA A TODOS E TODAS!!! 

xoves, 26 de abril de 2012

Celebramos o DÍA DO LIBRO NA BIBLIO XOÁN FARIAS



O pasado luns subimos á Biblioteca tan pronto como entramos no cole para, un ano máis, celebrar o Día do Libro. Alí estaba na pantalla Miguel de Cervantes.



Durante a semana pasada, cada clase, elaboramos un conto con temática do Sáhara e chegara o momento de lelo, ou contalo. Michelle comezou a sesión falándonos sobre a figura de Cervantes, para dar paso á lectura dos contos. Empezaron os de E. Infantil coa profe Rosa para continuar co resto dos grupos. Aquí os tedes. Esperamos que vos gusten.











¿Que vos parece saber algo máis sobre 
a biografía de Cervantes?

mércores, 23 de novembro de 2011

RAPUNZEL chega a CINENSINO: "Enredados"

Rapunzel, un conto clásico dos Irmáns Grimm, é levado ao cine, unha película de animación, pola Factoría Disney, baixo o título de "Enredados". Hoxe o 2º e o 3º ciclos fomos aos Cines Dúplex e disfrutamos desta vella historia na que Rapunzel, unha moza a punto de cumprir os dezaoito anos, e cunha longa e fermosísima cabeleira de 21 metros de longo que nunca cortou, vive encerrada nunha torre desde que unha malvada meiga a roubara do seu berce cando era unha pequena bebé.
Este é un dos vídeos promocionais da película. Por certo, no seu texto hai dúas faltas de ortografía, ¿anímaste a atopalas?



E aquí, unha versión do conto. Esta vez, o nome de Rapunzel é Melisa:

venres, 24 de xuño de 2011

"LA MINIATURA" - Conto de Irene Fraguela

¡Ai! ¡Estou emocionada! ¡Ai!

¿Sabedes que? Acaba de chegarme este conto. Resulta que a vosa compañeira Irene, que vén de rematar infantil de 5 anos, xa empezou a escribir contos, na súa LIBRETA-PARA-ESCRIBIR-HISTORIAS. E claro, tan pronto apareceu este na Biblioteca, pensaron en enviarmo para publicar. É unha fermosa historia de amor entre dous singulares personaxes. Cando o leades, darédesvos conta de porqué digo isto. ¡HAAA, HAA! ¡Encántame!
Espero que á volta das vacacións aparezan máis contos. Animádevos a escribir no verán, recordade:
"... de aquí e ata que medie setembro, cando non saibades que facer, ...

ESCRIBIDE UN LIBRO"

¡NORABOA IRENE!
¡RE-QUE-TE-RE-CHÍ-FLA-ME!




xoves, 17 de marzo de 2011

A adaptación de "O SOLDADIÑO DE CHUMBO" en curtametraxe animada


Desde o blog de Normalización Lingüística do noso cole chéganos esta nova: a directora Peque Varela e a produtora Chelo Loureiro optan ao recoñecido Premio Mestre Mateo pola curtametraxe animada de "O soldadiño de chumbo", adaptación da obra orixinal de Hans Christian Andersen, a cargo de Virginia Curiá e Tomás Conde. Conta cunha fermosísima banda sonora de Emilio Aragón.
Ver máis en Pasión por el cine.es e Festival de cans
E buscando, buscando atopamos esta parte doutra curtametraxe de Peque Varela: "1977". Convidámosvos a vela.

luns, 23 de novembro de 2009

Contos en lingua de signos



Vía "Ó carón da lúa" chégannos estes contos en lingua de signos. Un proxecto de Gabriela Bianco e Cristina Banfi "PROYECTO DE CUENTOS PARA NIÑOS Y JÓVENES SORDOS CUENTOS A MANO" Se picas nas mans entrarás na súa páxina.

mércores, 20 de maio de 2009

A MISTERIOSA DESAPARICIÓN DA PROFE, de 5º e 6º de Primaria

E chegamos ao derradeiro conto desta "entrega". 5º e 6º parecen sentir morriña anticipada e avanzan 75 anos no tempo para recordar unha aventura na escola.


A COELLIÑA NÉBOA, de 4º de Primaria

Todos somos diferentes e temos cousas boas que ofrecer aos que nos arrodean, calidades que, se cadra, aínda temos que descubrir.

mércores, 11 de febreiro de 2009

RECREOS NA BIBLIO

Un recreo coma outro calquera, e de xeito espontáneo, as nosas protagonistas decidiron convertirse en público, unhas; e en contacontos, outras... e este é o resultado.
Acabamos contando "Lobo Feroz", o que estaba farto de papas de arroz. E participaron o príncipe, a princesa, unha carrapuchiña, un rei... E cada un deles facía un papel no conto: de ovella, de burro...
Ante semellante espectáculo non puidemos máis que tirar unhas fotos para que queden para a posteridade.
A que son fermosas?

mércores, 10 de decembro de 2008

KONTU KONTARI


No recreo recordamos o 60 Aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, vendo os pequenos contos proxectados de KONTU KONTARI.