Este martes, a profe Cris e os nenos e nenas de Infantil "moveron e contaron" un conto. Así como soa, despois de moito, moitísimo traballo, cada un deles ten a súa propia versión do conto que nos amosaron: "UN LIBRO", de Hervé Tullet.
E ademais fixeron un xogo para os voluntarios que quixeron probar os deseños deste imaxinativo libro. Se a todo iso lle sumamos o agasallo que nos repartiron, e que tamén fixeron eles, ben merecen
un SÚPER APLAUSO...,
e outro grande para a profe, eh? ; )
Ningún comentario:
Publicar un comentario