Hoxe día 21 de
marzo, Os Rebuldeiros de Pazos (1º-2º de Ed. Primaria) tiveron unha visita moi
especial para conmemorar o Día Mundial do Síndrome de Down: a visita de Mar,
Susana, Salu e Yovana. As catro pertencen a TEIMA, Asociación Síndrome de Down
(Ferrol).
Viñeron a ler un
conto que tiña por título “Vamos a celebrar la DIVERSIDAD”. Onde os
protagonistas deste conto eran o grupo mediano de Teima: Marcos, Luís, Eva, Isa,
Sara, Álex e Yerai. Deste modo, os Rebuldeiros puideron saber como eran, o que lles
gustaba e o que non lles gustaba.
E se eles
presentáronse, tocáballe a quenda aos Rebuldeiros. Cada un de eles/as escribiu
nun “banderín” como eran fisicamente, debuxou un retrato e escribiu información
sobre cando precisan axuda, cales son os seus medos e os seus amores ou mesmo
os soños que teñen.
Unha actividade
xenial xa que reflexionaron, coñecéronse máis e... déronse conta de que todos
somos distintos e auténticos.
Para rematar,
Mar, que é unha rapaza con Síndrome de Down explicounos como foi a súa
escolarización: as dificultades que tivo que superar e o que está estudando
actualmente: quere sacarse o nivel tres de competencias, prepara oposicións
para celadora, continúa estudando galego e sen esquecer ir a clases de zumba ou
cociñar xa que sente paixón por ambas cousas.
Esperamos que
volvan pronto! Temos un proxecto que terminar en conxunto: un libro viaxeiro
sobre o Universo.