Hoxe día 21 de
marzo, Os Rebuldeiros de Pazos (1º-2º de Ed. Primaria) tiveron unha visita moi
especial para conmemorar o Día Mundial do Síndrome de Down: a visita de Mar,
Susana, Salu e Yovana. As catro pertencen a TEIMA, Asociación Síndrome de Down
(Ferrol).
Viñeron a ler un
conto que tiña por título “Vamos a celebrar la DIVERSIDAD”. Onde os
protagonistas deste conto eran o grupo mediano de Teima: Marcos, Luís, Eva, Isa,
Sara, Álex e Yerai. Deste modo, os Rebuldeiros puideron saber como eran, o que lles
gustaba e o que non lles gustaba.
E se eles
presentáronse, tocáballe a quenda aos Rebuldeiros. Cada un de eles/as escribiu
nun “banderín” como eran fisicamente, debuxou un retrato e escribiu información
sobre cando precisan axuda, cales son os seus medos e os seus amores ou mesmo
os soños que teñen.
Unha actividade
xenial xa que reflexionaron, coñecéronse máis e... déronse conta de que todos
somos distintos e auténticos.
Para rematar,
Mar, que é unha rapaza con Síndrome de Down explicounos como foi a súa
escolarización: as dificultades que tivo que superar e o que está estudando
actualmente: quere sacarse o nivel tres de competencias, prepara oposicións
para celadora, continúa estudando galego e sen esquecer ir a clases de zumba ou
cociñar xa que sente paixón por ambas cousas.
Esperamos que
volvan pronto! Temos un proxecto que terminar en conxunto: un libro viaxeiro
sobre o Universo.
Como colofón
final a este día, os Rebuldeiros sumáronse á campaña promovida por Down España co motivo do Día Mundial do Síndrome de Down no que se fixeron unha foto ou
graváronse en vídeo cun adhesivo da campaña na solapa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario