
Hoxe pola mañá, e invitados pola Editorial Xerais, e dentro da campaña BOCABERTA, Asistimos a un espectáculo do Mago Cali. A través da súa maxia presentounos a novela "Amancio Amigo e O Meigo de Salamanca", un título de Xosé Miranda, ilustrado por Patricia Castelao.


Grazas á Editorial Xerais, que agasallou a cada un de nós co libro, poderemos coñecer de primeira man esta novela, e adentrarnos no mundo da maxia e do amor.
E agora invitámosvos a entrar con nós no Teatro Jofre ver algunhas das fotos que puidemos facer.
Tedes máis información sobre a campaña BOCABERTA no blog de Normalización e Dinamización Lingüística do noso centro.



