Amosando publicacións coa etiqueta Conto e peli con Araceli. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Conto e peli con Araceli. Amosar todas as publicacións

venres, 14 de maio de 2021

Conto e peli con Araceli: "Un monstruo viene a verme", de Patrick Ness

"Un monstruo viene a verme" de Patrick Ness non é só unha novela infantil emotiva, pois sérvenos para facer un exercicio de concienciación sobre aspectos como o acoso, a pérdida dos seres queridos e os obstáculos da vida.

Aínda que a novela está aconsellada a partir dos 10 anos, a película pode conter imaxes duras, xa que afonda en temas como a morte e a violencia entre iguais. A súa catalogación é de "+12 anos".

"Conor O’Malley é un neno de 13 anos que durante repetidas noites experimenta un mesmo pesadelo: Sete minutos despois da medianoite unha voz chámao desde a xanela do seu cuarto, desde a que pode ver unha vella igrexa e o seu cemiterio, no que hai un enorme teixo. Conor levántase da cama, asómase á xanela e consegue ver ao "monstro" dos seus sonos, formado por polas e follas pero con forma humana. O monstro promete contarlle tres contos a cambio de que Conor lle conte a súa historia.

A aparición do monstro e os sucesivos contos que vai contándolle a Conor coinciden coa época na que á súa nai diagnostícanlle un cancro e ten que seguir un tratamento de quimioterapia. Ao mesmo tempo, Conor sufre de bullying na escola e a ausencia do seu pai non axuda a levar a situación.

De todos os contos que conta o monstro, o primeiro apenas é percibido polo neno, mentras o segundo convírtelle en culpable da destrucción do salón da súa avoa, coa que mantén unha fría relación, mentras que o terceiro incítalle a agredir a Harry, o neno da escola que sempre se ri del."

Fonte: Actualidade literaria

venres, 7 de maio de 2021

Conto e peli con Araceli: "Las barbaridades de Bárbara", de Rosa Montero

E esta semana descubrimos as divertidísimas aventuras, e un tanto tolas, dunha nena de hoxe en día da man de Rosa Montero en  "Las barbaridades de Bárbara".

"Historias que te farán rir, nas que a súa protagonista aplica a súa aplastante lóxica e non comprende, en moitas ocasións, porque os adultos actúan desa forma."

Fonte: Rosa Montero, páxina oficial.

Convidámoste a que vexas este vídeo, cunha breve sinopse do libro, pero se de verdade queres pasar un bo rato, tedes que lelo.

venres, 30 de abril de 2021

Conto e peli, con Araceli: Jumanji, de Chris Van Allsburg

Jumanji é un libro ilustrado de fantasía escrito por Chris Van Allsburg

Foi adaptado nunha película que leva o mesmo nome, pero na que aparecen personaxes adultos que no libro non están.

Tanto o libro como a película tratan dun xogo de mesa máxico que materializa animais e outros elementos da selva a medida que se xoga.

"Jumanji" significa na lingua zulú "moitos efectos". E tanto que si! A peli inclúe grandes efectos especiais para a época na que foi rodada. Non a viches? Deixámoste aquí co trailer, pero antes, recomendámoste ler o libro. Vaite enganchar!

"O xogo que atoparon baixo a árbore parecíase a moitos outros que Peter e Judy tiñan na casa. Pero estaban aburridos e inquedos, en busca de algo interesante que facer e pensaron que podían distraerse con Jumanji.

O que non sabían cando viron o simple taboleiro é que ía a comezar a aventura máis increíble das súas vidas."

Fonte: Leoteca

venres, 23 de abril de 2021

Conto e peli con Araceli: "Manolito Gafotas", de Elvira Lindo.

E desta volta tocoulle a quenda a Manolito Gafotas, de Elvira Lindo. 

As risas estaban aseguradas coa lectura desta divertidísima historia. Un personaxe simpático co que é moi fácil sentirse identificado nalgún momento.

Deixámosvos co trailer. Se o vedes, xa estades enganchados á historia. 


" Neste primeiro libro, o protagonista vai relatando varias historias paralelas sen relación aparente acaecidas no barrio de Carabanchel Alto. Estes relatos teñen unha ubicación cronolóxica indeterminada entre o seu primeiro día de clases e o 14 de abril, día do aniversario do avó. (...)

Un aspecto importante dentro da estructura narrativa é o aspecto grandilocuente do protagonista, trasmitido coa naturalidade típica dunha mente infantil. Nembargantes, baixo esa apariencia inxenua, revélanse cualidades de perspicacia, bondade e compromiso coas persoas que lle rodean."

Fonte: Actualidade Literaria

venres, 16 de abril de 2021

Conto e peli, con Araceli: "As bruxas", de Roald Dalh.

Parece que neste último trimestre os maiores do cole perderan o gusto pola lectura e andaban algo desmotivados nas Horas de Ler. Peeeeero... chegou Araceli como un sopro de aire fresco cunha idea xenial, propoñéndolles un plan fantástico:

Empregarían a "Hora de Ler" para facer unha lectura colectiva e en voz alta de libros dos que hai peli. Ademáis, comentarían os fragmentos lidos, case coma un Clube de lectura. Será esta unha antesala do que está por chegar? 

Xa sabemos que polos dereitos de autor non podemos ver as películas enteiras no cole, pero os trailers... e un montón de esceas para abrir boca, por suposto que si. Ademáis, estes visionados valerán para falar do libro, das personaxes, do guión... 

E así comeza esta aventura : co libro de Roald Dalh "As bruxas", traducido ao galego nada máis e nada menos que por Xela Arias. Non puido haber mellor escolla. Deixámosvos aquí co trailer da peli.


"As bruxas de todo o mundo, baixo o seu aspecto de mulleres correntes, están celebrando a súa convención anual. Nela deciden aniquilar a todos os nenos. Pero o protagonista desta historia e a súa avoa conseguirán vencelas grazas ao ratonizador máxico. As bruxas preséntanse como seres normais, só que levan perrucas porque son calvas, usan luvas para esconder as súas longas e curvadas unllas e teñen os pes cadrados, sen dedos... pero para que ninguén sospeite delas, usan zapatos de punta que lles dan grandes dores, pero deben gardar as apariencias.
As bruxas odian aos nenos e os matan cruelmente, por iso non deben sair sós porque pode haber unha bruxa esperándolles en calquera lugar."

     Fonte: Lecturalia.