Fermosa xornada a deste xoves na que celebramos o Día da Árbore, o Día da Poesía e honramos o nome de García Niebla.
Iniciamos o día na Biblioteca, onde falamos da vida deste mestre excepcional que dá nome ao noso cole, a través da exposición que fomos compoñendo coas ilustracións de todas e todos e a información tirada do libro de Guillermo Llorca “Juan García Niebla: Entre a innovación pedagóxica e o compromiso social”.
Despois, a media mañá, plantamos a “Maceira de García Niebla”, coa axuda en primeiro lugar das mans de Xaime e Manu, quen fixeron un gran furado para que despois a tarefa nos resultase máis doada, moitas grazas aos dous, ademais eramos moitos a plantar e, coa axuda de todas e todos, acabamos nun retrinco. Seguro que en pouco tempo poderemos recoller as primeiras e riquísimas mazás príncipe, mmmmm...
Con el fixemos a continuación uns obradoiros na Biblioteca, no laboratorio e na sala de audiovisuais:
“Hai que recuperar, manter e transmitir a memoria histórica, porque se empeza polo olvido e remátase na indiferencia”
José de Saramago







.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
































