xoves, 28 de marzo de 2013

SEMANA DA POESÍA E O TEATRO


Ao longo da semana pasada tivemos unha actividade continua en torno á poesía e ao teatro. Empezando por esta EXPOSICIÓN DE LIBROS para ler ou traballar nas aulas. 
Elaboramos uns fermosos MARCAPÁXINAS cos versos de "Quen son?", de Alicia Borrás, que cada neno ilustrou. O día da celebración entregámosllelos plastificados. Despois veredes que preciosos quedaron.
Como cada ano, HAI VERSOS PARA MIN?: actividade na que nos intercambiamos poemas, que copiamos ou creamos e cos que agasallamos aos nosos compañeiros, profes e resto da comunidade educativa. Normalmente alóngase no tempo, xa que acaba facéndose unha cadea de respostas e contrarrespostas que dura, e dura, e dura.
Esta curso ocorréusenos poñer en marcha "POEMAS AO TELÉFONO". A verdade é que a idea xurdiu despois de escoitar a Carlos Negro, na Biblioteca do IES de Fene, nas Xornadas de Lectura Literaria que promoveu o CFR de Ferrol. Así que temos que agradecer a inspiración a este poeta que nos abriu moitos camiños para non "encorsetar" a poesía. Fixemos unha escolma de rimas ou poemas curtos que pegamos nos "teléfonos", para logo recitar.¡Vaia idea! O vindeiro ano, "Poesía por un tubo"; este ano non dou tempo...
E , por último, para darlle un fin como se merecía esta intensa semana, houbo unha CELEBRACIÓN NA BIBLIOTECA. ¿O programa?
Programa das actuacións
Marcapáxinas
Este é o resumo en imaxes:
E tamén deixamos aquí os poemas que utilizamos para completar os vasos de "Poemas ao teléfono"

 
E xa por último, último, último, por se queredes facer os teléfonos na casa, aquí tedes un curso acelerado:

1 comentario:

Ana Martínez dixo...

Moi boas actividades todas. Gustáronme os poemas ao teléfono. Quédome coa idea para outro ano. Unha aperta e a disfrutar das vacacións.