Amosando publicacións coa etiqueta Igualdade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Igualdade. Amosar todas as publicacións

luns, 28 de novembro de 2022

Deporte en igualdade

Moita Copa do Mundo estes días, pero... a calidade atópase en Pazos!

Hoxe tivemos unha visita moi especial, xa que ter FUTBOLISTAS PROFESIONAIS polo noso cole non é cousa de todos os días! Pero si, Luin, Carolina, Carol e Laura, xogadoras do VALDETIRES FUTBOL SALA de Ferrol viñeron para axudarnos a coñecer un pouco máis este deporte, contarnos como é o día a día dunha xogadora profesional, os sacrificios que iso supón, as viaxes, os adestramentos, consellos sobre a vida deportiva, consellos cos estudos, os beneficios dunha alimentación sa e da práctica deportiva... E ata puidemos xogar con elas uns partidiños!!




Que ben o pasamos e canto aprendemos todas xuntas xogando e escoitando as súas experiencias. Sen dúbida, unha xornada para repetir! Grazas a Aurora por axudarnos a organizar a actividade e ás xogadoras do Valedetires pola visita e o seu trato exquisito con todas nós, sodes moi cracks!


Pazos sempre co deporte en igualdade!

#espazODS_para_a_concienciACCIÓN



martes, 16 de novembro de 2021

Obradoiros de ilustración con Anxo Fariña: Diversimonstros e A cidade violeta.

Hoxe estivo con nós Anxo Fariña, escritor, ilustrador, deseñador e profesor de Belas Artes,  para realizar uns obradoiros de ilustración que aproveitamos para avanzar na nosa Misión do ODS 10: Redución das desigualdades.

Tivemos dúas sesións, con temáticas diferentes.

A primeira, para os peques e @s rebuldeir@s do cole, DIVERSIMONSTROS, no que aprendimos a pintar, debuxar e crear un xogo monstruoso, pero sobre todo aprendimos que non todos somos iguais e que as diferenzas son as que fan máis marabillosa a humanidade e o noso mundo.


Creamos criaturas divertidas e sorprendentes que se poden ver na escuridade. Un canto á diversidade e á diferenza como fortaleza.


E despois, foi a quenda dos maiores, coa CIDADE VIOLETA; un obradoiro de ilustración e creatividade no que se pon o foco na igualdade e na loita contra a violencia de xénero. 
Construiron unha cidade-escultura que se pode ler e empregaron pintura especial que reacciona á luz ultravioleta, cun sorprendente e emocionante final.

Foi unha mañá diferente, chea de creatividade e bo humor na que seguimos avanzando na nosa misión dos ODS para facer un mundo mellor, facéndonos conscientes da importancia da redución das desigualdades entre as persoas.

Pero antes de marchar, Anxo Fariña deixounos uns agasallos fermosísimos en forma de ilustracións:

Un "Enzo" e unha "Aroa" para a posteridade...


e unha fermosísima sinatura no noso libro de visitas.

Por un mundo cheo de cidades violetas habitados por diversimonstros...

Axenda 2030: 
"esPazODS para a concienciACCIÓN"


venres, 5 de novembro de 2021

#NoMoreMatildas

Imaxinas que tería pasado se Eintein nacera muller? Pois que probablemente hoxe non saberíamos quen é Einstein. E é que os méritos dos seus descubrimentos os tería levado algún compañeiro de investigación... ou incluso a súa parella.


Este fenómeno, coñecido como Efecto Matilda na honra a Matilda Joslyn Gage, a primeira activista en denuncialo, sinala a inxustiza de ignorar, de forma sistemática, os hachados de brillantes científicas ao longo da historia.

A falta de referentes feminimos ten un impacto nas aspiracións profesionais das nenas que se traduce nunha menor presencia destas nas carreiras STEM.

A campaña #NoMoreMatildas quere recuperar estas figuras, levándoas aos libros de texto para que esperten co seu exemplo, os seus hachados e as súas aportacións, a vocación científica de todas esas nenas ás que ata hoxe, fíxoelles pensar que a ciencia era cousa de homes.



Se queres saber máis sobre o papel que xogaron as mulleres na ciencia ao longo da historia, podes descargarte o anexo sobre mulleres científicas para Primaria, premendo na imaxe a continuación.

E desde aquí, podedes acceder aos tres títulos da colección da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT), que polo momento están agotados e só podemos acceder a eles en formato dixital.



Por un mundo mellor, #NoMoreMatildas.

"esPazODS para a concienciACCIÓN"