Amosando publicacións coa etiqueta Consorcio Editorial Galego. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Consorcio Editorial Galego. Amosar todas as publicacións

venres, 4 de abril de 2014

ANXO MOURE VISITA A BIBLIO XOÁN FARIAS

¡GRAZAS POR REPARTIR SORRISOS ENTRE TODOS , GRANDES E PEQUENOS!
A Biblio abriu as súas portas ao creador da Xacia Luviñas e O Carballo con botas (Consorcio Galego). Anxo Moure estivo entre nós contando, besbellando, rindo, cantando, animando, estimulando e contaxiando respecto e amor pola natureza e polo mundo que nos arrodea. Repartimos cariciñas, demos bicos e apertas, e con el cantamos tamén, berramos, besbellamos, choramos, ouveamos, saltamos, bailamos... E máis, e máis.
Entusiasta como poucos e cunha vitalidade envexable espallou maxia na Biblioteca. Moita prenderá nos corazóns dos nenos; nos nosos corazóns.
E agora, a visita de Anxo en imaxes. Collede o bocata ou un café, e dispoñédevos a pasar imaxes e imaxes. Primeiro, a sesión dos maiores; despois, os peques; e por último, Anxo asinando no libro de visitas e adicando os seus libros.
¡ATA PRONTO, ANXO!

domingo, 10 de novembro de 2013

CONTACONTOS "A XACIA LUVIÑAS"


Tal e como anunciamos o mércores, este venres tivemos contacontos no recreo, e ademais con melloras!! Aitana tivo a Sonia de colaboradora; ¡entre dúas mellor! Prepararon unha fermosa e pequerrecha xacia Luviñas, copiada da ilustración que tanto nos gustou de Cristina Ouro, para entregar como recordo aos nenos e nenas que quixeron escoitar este fermoso conto no que  Anxo Moure anima a coidar os ríos, os bosques e a parar as guerras. Pois si que facemos esas reflexións na escola moi a miúdo, a que si?
A sesión, como cabía esperar, rematou cun montón de cariciñas e apertas, e cos recordos que Sonia e Aitana repartiron.
Grazas ás dúas pola vosa colaboración. Cando queirades, máis!
¡E grazas a Anxo e Cristina por imaxinalo!

mércores, 6 de novembro de 2013

A XACIA LUVIÑAS, conto de ANXO MOURE

Ola a todos e todas, hoxe queremos falarvos deste conto que nos acaba de chegar ao cole da man de Consorcio Editorial Galego. Como vedes, é de Anxo Moure, cunhas fermosas ilustracións de Cristina Ouro.
Pois ben, preparádevos porque mañá xoves ou, todo o máis tardar, o venres, Aitana, de 5º vainos amosar este conto na Biblioteca. Seguro que a xacia Luviñas conseguirá que reflexionemos sobre o noso comportamento co medio ambiente e tamén cos amigos que nos arrodean e nos queren.
¿Estades preparados e preparadas? 
¿Haberá sorpresa? 
¿Haberá preguntas máis tarde? 
Mmmmm, todo é un misterio. 
Prestade atención estes días...