Ola a todos e todas, hoxe queremos falarvos deste conto que nos acaba de chegar ao cole da man de Consorcio Editorial Galego. Como vedes, é de Anxo Moure, cunhas fermosas ilustracións de Cristina Ouro.
Pois ben, preparádevos porque mañá xoves ou, todo o máis tardar, o venres, Aitana, de 5º vainos amosar este conto na Biblioteca. Seguro que a xacia Luviñas conseguirá que reflexionemos sobre o noso comportamento co medio ambiente e tamén cos amigos que nos arrodean e nos queren.
¿Estades preparados e preparadas?
¿Haberá sorpresa?
¿Haberá preguntas máis tarde?
Mmmmm, todo é un misterio.
Prestade atención estes días...
2 comentarios:
Ánimo Aitana. Son Anxo Moure e non te esquezas de espallar as cariciñas da xacia por todo a biblioteca.
Mil grazas.
Anxo
Chispa, ese libro ten moi boa pinta. Tentarei conseguilo para o meu cole. A ver que vos conta Aitana sobre el. Xa nolo amosaredes. Unha aperta.
Publicar un comentario