domingo, 10 de novembro de 2013

MULLERES NA SOCIEDADE, NENAS NA ESCOLA

Moi perto da celebración do 25 de novembro, o Día Mundial da Loita contra a Violencia de Xénero,o pasado xoves 7, tivemos a visita de Maruxa, a avoa de 82 anos que vedes na imaxe, mais a súa neta Alba, de tan só 11. Chegaron ao noso cole para visitar aos nenos e nenas do 2º e 3º ciclo e analizar con eles a evolución do papel da muller na sociedade nas últimas décadas. Dunha forma divertida, con rápidos e amenos diálogos,  e axuda de imaxes conseguiron facerlles reflexionar sobre a situación da muller hoxe en día. Fixeron un percorrido pola súa situación  a través do tempo na familia, na escola, no traballo, na sociedade en xeral...
Agora toca o traballo na aula e nas casas. Coma sempre, un gran de area que suma para o futuro do noso alumnado.

Para rematar, Alba leunos o conto "Unha feliz catástrofe", de Adela Turín e Nella Bosnia, que algúns se cadran recordarán de ter lido noutros cursos...

Ningún comentario: