Amosando publicacións coa etiqueta Chispa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Chispa. Amosar todas as publicacións

xoves, 24 de outubro de 2024

INAUGURACIÓN DA BIBLIO


 E CHEGOU CHISPA


O pasado 4 de outubro, o alumnado do noso centro estaba comezando a súa xornada cando un coñecido Chis Chis Plof Plof resoou polos corredores. Pouco tardaron estes nenos e nenas en saír correndo das aulas en busca dalgunha pista da nosa amiga meiga, que  tan só nos deixou o rastro dunha bota olivdada nunha escaleira. 

Pouco a pouco o alumnado foi entrando na biblioteca, onde agardaban as maletas de Chispa, cargadiñas de sorpresas para inaugurar o curso na Biblioteca Escolar Xoán Farias. Xunto a elas, unha carta da nosa querida amiga. 









Que alegría escoitar de novo a historia de Chispa, recibir os seus agasallos, abrir as maletas...












... descubrir as novidades ...







...os compis de 6º ensináronnos as normas da biblio a través do libriño do caracol Roi...






... e tamén dentro da súa maleta atopamos unha carta cunha nova misión para este curso escolar: 


Nunha das maletas atopamos un montón de libros que nos servirán para a nosa misión, con eles montamos un expositor do noso PDI : " Mulleres que fan historia". 


Que pena non poder ver á nosa amiga en persona, pero quedamos co bo gusto de poder recibir tantos agasallos, as súas cartas respondendo ao buzón, a misión que nos propuxo e por suposto, a súa maxia que nos acompañará durante todo este curso. 

Chis, chis, plof, plof!
🪄🪄🪄

Chis, chis, plof, plof!
🪄🪄🪄

luns, 17 de xuño de 2024

Agasallos para os participantes no Club de Lectura.

E cun cariño moi especial despedimos o Club de Lectura deste ano. Un agasallo para os seus participantes para agradecerlles todos os bos momentos vividos xuntos en torno a lectura e máis.



Apertas da vosa amiga,
Chis, chis, plof, plof!💫

Levan tamén o libro de Antón Cortizas - Os gritos das Illas Lobeiras - que non nos dou tempo a ler para que poidan gozar del no verán.
Felices lecturas!

venres, 14 de abril de 2023

E así recibimos as maletas de Chispa.

E despois de xuntarnos na biblio para ler a carta de Chispa do mes de abril na que nos pediu que fixéramos unha nova rolada de vídeo recomendacións lectoras, levámonos as maletas para cada clase para dar boa conta de todo o que había nelas. 

En primeiro lugar, a MISIÓN 11, na que nos fala do novo ODS a traballar neste último trimestre de curso: 

ODS 11: CIDADES E COMUNIDADES SOSTIBLES.

Preme nesta foto para acceder ao álbum completo.

Mentres os peques de Pazos quedaron na biblio para descubrir o contido da súa maleta, Rebuldeir@s, Tritóns e Q.S.U. gozaron examinando polo miudo todas as novidades lectoras que trouxo Chispa desta volta que, ademais, incluía un kit de robótica en cada unha delas.





Que sorte a nosa, verdade?

venres, 29 de xaneiro de 2021

Día da Paz 2021: Eu son especial.

Mañá, como cada 30 de xaneiro, celébrase o Día Escolar da non violencia e a Paz, e todos os anos xuntábamonos na nosa Biblioteca para celebralo, compartindo os nosos traballos sobre a paz que recollíamos nun libro colectivo que cada ano quedaba máis e máis bonito.
 
Este ano xa temos asumido que non podemos xuntarnos, que case todos os traballos son individuais e que cando compartimos algo ten que ser extremando a desinfección. Así que vémonos na obriga de argallar outros xeitos de compartir.

E pensando cómo lograr un mundo mellor, tolerante, diverso e libre de violencia entendimos que todo comeza en cada un de nós. 
Algo parecido ao que sucede nestes tempos de coronavirus: se cada un de nós cóidase, limitando os contactos e mantendo distancia social fóra da familia, tamén está coidando dos que lle rodean ao mesmo tempo. 
Por iso, se nos esforzamos en amosar a mellor versión de nós mesmos, non só seremos mellores persoas, senón que ese esforzo individual tamén é un éxito colectivo e estaremos no camiño para a PAZ. E así no lo recorda Chispa todos os días na entrada do colexio.

Por favor, le o texto da imaxe (se aínda non o fixeches).



Grazas á colaboración das familias cada quen grabou un breve vídeo no que amosaba "aquilo que lle fai especial", a súa particular "chispa", para por de manifesto que somos diversos e que as nosas diferencias enriquécennos. É ese respecto á diferenza o que nos fai mellores persoas, constructoras dun mundo máis amable e comprometido cos demáis. 
E saíron cousas preciosas, outras graciosas, asombrosas... Cada quen amosou os seus gustos, as súas habilidades ou os seus talentos naturais. 
E velaiquí tedes o resultado: unha compilación de vídeos por niveis nas que amosamos aquilo que nos fai especiais. 

"Eu son especial"

 









Dentro duns días cada quen levará a casa un marquiño coa súa foto e uns códigos QR que enlazan ao seu vídeo individual e a cada un destes que acabades de ver aquí como recordo desta actividade, pero se non queres esperar, podes ver todas as fotos AQUÍ.
Hoxe, quedan pendurados na entrada do colexio.

Porque todos temos algo que nos fai especiais,
SE A MELLOR VERSIÓN DE TI.

martes, 10 de marzo de 2020

Misións Rebuldeir@s no 2º trimestre - TAI intercentros

Nesta entrada faise unha recompilación das misións Rebuldeir@s en formato audiovisual pertencentes á TAI intercentros do 2º trimestre para as áreas de Ciencias Sociais, Ciencias Naturais e Lingua Galega, que desenvolveron conxuntamente o alumnado de 2º de Educación Primaria do CEIP Cruceiro de Canido e os Rebuldeir@s de Pazos.






luns, 7 de outubro de 2019

E aquí está o novo equipo da Biblioteca para este curso!

Neste recreo un cartel na porta da Biblioteca daba un ambiente misterioso á reunión que alí se celebraba, pois nada máis e nada menos que se estaba a constituir o novo Equipo da Biblioteca!



Alí estaban reunidos os oito fantásticos rapaces de 5º e 6º  - Álex, Diego, Hugo, Icía, Jatniel, María, Paula e Yago - que este ano formarán o Equipo de Biblioteca, encomenda que voluntariamente aceptaron e da que deixaron constancia asinando o seu compromiso con Chispa que, por increíble que vos pareza, alí estaba. 

Que non o credes? Pois fixádevos ben na foto que se sacaron todos xuntos ao rematar a reunión. E que, ás veces, Chispa danos  algunha que outra sorpresa que nos fai seguir crendo que a maxia existe e aínda hai un lugar no que todo é posible... e máis!

(Coma sempre, preme nesta última imaxe para ver máis fotos)

Chis, chis, plof, plof!


venres, 3 de maio de 2019

NOVIDADES: CATRO MALETAS DE CHISPA!

https://photos.app.goo.gl/TXiR4fkBJr1bgy357

Xa acabando o mes, o pasado 30 de abril, Chispa tivo unha ocorrencia, así como volo conto! Non se lle ocorreu nada máis que botarnos unhas cartas por debaixo da porta mentres todos estabamos en HORA DE LER! Unha soa carta para cada clase e saíu a fume de carozo! NADA!!, que non a pescamos!  Pois resulta que pola noite deixou agochadas dúas bolsas de libros en cada clase, pero, tan ben agochadas estaban que ata que limos a carta non nos enteramos de nada. E por alí andaban as bolsas, detrás dos mobles, nos armarios... Que chistosa! Sempre nos fai algunha monería!! Pero bueno, perdoámola porque deixounos uns libros guais!!

GRAZAS, CHISPA!! VOLVE PRONTO!

mércores, 26 de setembro de 2018

PLANAZO! LECTORAS, LECTORES E UN MONTÓN DE LIBROS, XUNTOS NA BIBLIOTECA XOÁN FARIAS

Esta mañá, para non perder os bos costumes, pasou polo cole... CHISPAAAAA!!! Xa sabedes, non? Carta, maleta para ver novos libros -os que mercou este verán-, para ensinar a BIBLIOTECA RENOVADA, para reencontrarse coas caras amigas e sumar as novas deste curso. Emoción a moreas!
Se queredes recordar como coñecemos a Chispa hai xa 13 anos, non tedes máis que premer na imaxe e "voilá"
http://historiadunhameiga.blogspot.com/2014/11/asi-naceu-chispa.html
 Trece anos..., mmmm, para vós toda unha vida, eh?
Agora deixámosvos as imaxes. 
Esperamos que esteades a gusto 
e fagades da vosa BIBLIOTECA outra casa na que pasar momentos felices, deses que quedan en esencia e no recordo nos corazóns.
https://photos.app.goo.gl/5mQZb2oUcjSfnXc58
PREME PARA VER TODAS AS IMAXES
 

domingo, 23 de setembro de 2018

NOVO CURSO: CAMBIOS E RENOVADAS ILUSIÓNS!


Así nos esperaba Chispa na entrada do colexio este curso! A que mola? Un inmenso mural na baixada das escaleiras.

Este verán Chispa traballou un pouquiño máis para que puidésemos levarnos esta sorpresa os primeiros días de cole. Pero, ademais, os profes estiveron moi ocupados na Biblioteca porque como xa estariades vendo, hai novo mobiliario que comezou a chegar a finais do curso pasado, e continuou este primeiro mes. Non hai nada máis ilusionante que unha BIBLIOTECA RENOVADA que desprenda luz e colorido; unha biblio acolledora e chea de libros esperando por todos e todas vós. (E nós)
Iremos visitando cada novo recanto, amosándovos as ideas que tivemos e a distribución de cada sección. Aínda quedan detalles os que prestar atención, cousiñas que organizar, pero xa non podemos esperar moito máis. Nun días, o mércores, EMOCIÓN A TOPE!!
De momento, publicamos algunhas fotos que fixemos a toda présa co móbil, pero prometemos unha reportaxe totaaaaal!
PEQUENOS E PEQUENAS, FAMILIAS, 
AMIGOS E AMIGAS,
CON TODOS VÓS, 
A BIBLIO! 







 

venres, 15 de decembro de 2017

POIS SI QUE CHEGOU A MALETA!


PREME EN CALQUERA DAS IMAXES E ACCEDE AO ÁLBUM
https://photos.app.goo.gl/Ezav1u66JCFXzmE62
PREME EN CALQUERA DAS IMAXES E ACCEDE AO ÁLBUM
É verdade que esta noite Chispa pasou polo colexio. Supoño que xa veriades as fotos. ALUCINAMOS!!
GRAZAS, CHISPA!

venres, 16 de decembro de 2016

martes, 29 de novembro de 2016

ESCRIBIMOS CARTAS NO RECREO...

Nótase que onte Chispa contestou cartas porque hoxe algúns decidiron enviarlle máis!! Aquí os tedes, súperconcentrados no cometido.





 E mentres, o Equipo da Biblio...