venres, 29 de xaneiro de 2021

Día da Paz 2021: Eu son especial.

Mañá, como cada 30 de xaneiro, celébrase o Día Escolar da non violencia e a Paz, e todos os anos xuntábamonos na nosa Biblioteca para celebralo, compartindo os nosos traballos sobre a paz que recollíamos nun libro colectivo que cada ano quedaba máis e máis bonito.
 
Este ano xa temos asumido que non podemos xuntarnos, que case todos os traballos son individuais e que cando compartimos algo ten que ser extremando a desinfección. Así que vémonos na obriga de argallar outros xeitos de compartir.

E pensando cómo lograr un mundo mellor, tolerante, diverso e libre de violencia entendimos que todo comeza en cada un de nós. 
Algo parecido ao que sucede nestes tempos de coronavirus: se cada un de nós cóidase, limitando os contactos e mantendo distancia social fóra da familia, tamén está coidando dos que lle rodean ao mesmo tempo. 
Por iso, se nos esforzamos en amosar a mellor versión de nós mesmos, non só seremos mellores persoas, senón que ese esforzo individual tamén é un éxito colectivo e estaremos no camiño para a PAZ. E así no lo recorda Chispa todos os días na entrada do colexio.

Por favor, le o texto da imaxe (se aínda non o fixeches).



Grazas á colaboración das familias cada quen grabou un breve vídeo no que amosaba "aquilo que lle fai especial", a súa particular "chispa", para por de manifesto que somos diversos e que as nosas diferencias enriquécennos. É ese respecto á diferenza o que nos fai mellores persoas, constructoras dun mundo máis amable e comprometido cos demáis. 
E saíron cousas preciosas, outras graciosas, asombrosas... Cada quen amosou os seus gustos, as súas habilidades ou os seus talentos naturais. 
E velaiquí tedes o resultado: unha compilación de vídeos por niveis nas que amosamos aquilo que nos fai especiais. 

"Eu son especial"

 









Dentro duns días cada quen levará a casa un marquiño coa súa foto e uns códigos QR que enlazan ao seu vídeo individual e a cada un destes que acabades de ver aquí como recordo desta actividade, pero se non queres esperar, podes ver todas as fotos AQUÍ.
Hoxe, quedan pendurados na entrada do colexio.

Porque todos temos algo que nos fai especiais,
SE A MELLOR VERSIÓN DE TI.

Ningún comentario: