Amosando publicacións coa etiqueta Recre-retos sobre rodas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Recre-retos sobre rodas. Amosar todas as publicacións

mércores, 24 de maio de 2023

E máis recre-retos sobre rodas (2)

Isto de ter os nosos vehículos favoritos nos recreos está sendo un exitazo total. Así que agora, aproveitando o bo tempo toca dalo todo no patio sobre rodas. Patíns, patinetas, bicis... Que gustazo velos!

No patio cuberto, un circuíto para os de Primaria.

Preme na foto de arriba para acceder ao álbum completo.



E na pista de abaixo, os peques a tope coas súas bicis, patíns e patinetas.





Por certo, as fotos dos peques son de Rebeca, de Mirada de Madrina, que estaba alí porque ese día estábamos a sacar as fotos do recordo escolar deste ano. Coma sempre, grazas Rebe!


martes, 16 de maio de 2023

Recre-reto sobre rodas

E esta semana, tivemos un recre-reto que saiu rodado, xa que puidemos gozar cos nosos patíns, patinetes e bicicletas na hora do recreo. Xa podedes imaxinarvos o ben que o pasamos, verdade? Pero por se queda algunha dúbida, aquí vos deixamos unhas cantas imáxenes.

Preme nesta primeira imaxe para acceder ao álbum completo.