mércores, 24 de maio de 2023

E máis recre-retos sobre rodas (2)

Isto de ter os nosos vehículos favoritos nos recreos está sendo un exitazo total. Así que agora, aproveitando o bo tempo toca dalo todo no patio sobre rodas. Patíns, patinetas, bicis... Que gustazo velos!

No patio cuberto, un circuíto para os de Primaria.

Preme na foto de arriba para acceder ao álbum completo.



E na pista de abaixo, os peques a tope coas súas bicis, patíns e patinetas.





Por certo, as fotos dos peques son de Rebeca, de Mirada de Madrina, que estaba alí porque ese día estábamos a sacar as fotos do recordo escolar deste ano. Coma sempre, grazas Rebe!


Ningún comentario: