O xoves, despois da sesión de contacontos sobre Francisco Fernández del Riego con Trémola Teatro, aproveitamos para confeccionar os nosos maios co verde, as flores e os froitos que nenos e nenas achegaron ata o cole e cos que colaborastes as familias. Pasámolo xenial facéndoos e aprendimos un montón de nomes sobre as plantas que formaron parte dos nosos maios.
Nesta primeira foto, tes o enlace para ver como fixemos os nosos Maios.
Ao día seguinte celebramos os Maios e a chegada da primavera, cunha foliada grazas a Irati, nai de Itsaso e Eume, que trouxo a uns amigos e amigas para tocar e bailar con nós ao redor dos maios. E como boa foliada, arrimouse o profe Fran a tocar con eles a pandeireta. Preme nesta foto para acceder ao álbum da celebración dos Maios.
Houbo algunha espontánea máis, pero tivo un chisco de vergoña á hora de arrimarse aos músicos, pero repenica e risca na pandeireta que da gusto oila. Bravo Loaira!
Que ben o pasamos bailando en torno aos maios. Compartimos esta xornada festiva coas familias que puideron achegarse ata o colexio, que bailaron xunto a nós nesta festa tradicional.
Ningún comentario:
Publicar un comentario