Amosando publicacións coa etiqueta Inicio de curso. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Inicio de curso. Amosar todas as publicacións

venres, 1 de outubro de 2021

Comezamos!!!

E por fin arrinca o novo curso para a Biblioteca, tras uns días para permitirnos organizar ben recursos e novas iniciativas que incorporar ao noso proxecto lector.

Hoxe voltou soar ese inconfundible Chis, chis, plof, plof! que revoluciona o cole enteiro e anuncia a chegada da maleta de Chispa. E un ano máis toca cumprir co protocolo COVID, así que Chispa non trouxo unha, senon caaaatro maletas: unha para cada grupo de convivencia estable. 

Como sempre, as maletas viñan cargadas de novidades e ilusións: a carta de Chispa, algún agasallo e libros, libros e máis libros. Pero desta volta cunha particularidade que os fai especiais: todos xiran en torno a unha temática común,

OS OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE, da AXENDA 2030.

Que todavía non sabes que son os ODS? Non pode ser!!! Aquí vos deixamos un vídeo onde Chispa explica de marabilla que é isto da Axenda 2030 e cales son os obxectivos de desenvolvemento sustentable. Prestade moita atención porque non está ela soa. De seguro que ides coñecer moi ben aos seus axudantes.

Este é o comezo dun gran Proxecto Documental Integrado (PDI) bianual que leva por título:

"esPazODS para a concienciACCIÓN"

Ao longo deste curso, pero tamén do que vén, imos traballar xuntos artellando pequenas accións que nos permitar avanzar na consecución desta folla de ruta do desenvolvemento sustentable, a través de pequenas MISIÓNS. 

Súmaste a esta aventura???


E como vedes, nesta maleta viñan tamén uns misteriosos sobres cunha proposta en torno ao 
ODS 3: SAÚDE E BENESTAR.


Mobilízate! Forma parte do cambio! Súmaste?
"esPazODS para a concienciACCIÓN"

mércores, 11 de setembro de 2019

Benvidas e benvidos ao novo curso 2019-2020

E pasou o verán e voltamos ao cole!
Cheas e cheos de ilusión e con enerxías renovadas para este novo curso 2019 / 2020.


Reencontros, caras novas, emocións a flor de pel... gamificacións, xogos cooperativos, dinámicas de cohesión... 
Aprender así si que mola. E isto so é o comezo!!!

Chis, chis, plof, plof! 
💜📖🎉 

domingo, 23 de setembro de 2018

NOVO CURSO: CAMBIOS E RENOVADAS ILUSIÓNS!


Así nos esperaba Chispa na entrada do colexio este curso! A que mola? Un inmenso mural na baixada das escaleiras.

Este verán Chispa traballou un pouquiño máis para que puidésemos levarnos esta sorpresa os primeiros días de cole. Pero, ademais, os profes estiveron moi ocupados na Biblioteca porque como xa estariades vendo, hai novo mobiliario que comezou a chegar a finais do curso pasado, e continuou este primeiro mes. Non hai nada máis ilusionante que unha BIBLIOTECA RENOVADA que desprenda luz e colorido; unha biblio acolledora e chea de libros esperando por todos e todas vós. (E nós)
Iremos visitando cada novo recanto, amosándovos as ideas que tivemos e a distribución de cada sección. Aínda quedan detalles os que prestar atención, cousiñas que organizar, pero xa non podemos esperar moito máis. Nun días, o mércores, EMOCIÓN A TOPE!!
De momento, publicamos algunhas fotos que fixemos a toda présa co móbil, pero prometemos unha reportaxe totaaaaal!
PEQUENOS E PEQUENAS, FAMILIAS, 
AMIGOS E AMIGAS,
CON TODOS VÓS, 
A BIBLIO! 







 

luns, 2 de outubro de 2017

INICIO DO CURSO NA BIBLIOTECA

Esta mañá reunímonos na BIBLIOTECA para dar a benvida ao novo curso, e de paso, presentarlles a Chispa aos novos alumnos e alumnas. Contamos a súa historia, vimos un pequeno vídeo dunha fantasma solitaria amiga dela e, SORPRESA!!!, APARECEU XAIME CUNHA MALETA DE LIBROS, pero de Chispa, nin a sombra! Ten con nós unha conta pendente, e un díaaaaaa... verémonos as caras!!
O profe Luis leunos a carta que CHISPA enviou na súa maleta!!
https://photos.app.goo.gl/G0SRYXDpOw0n5qjE3
Aquí recordámosvos a Historia dunha Meiga, a nosa CHISPA!!
Leva con nós 13 anos, como non a imos querer!
Un martes 18 de outubro, aló polo ano 2005 Chispa apareceu nas nosas vidas...
https://photos.app.goo.gl/G0SRYXDpOw0n5qjE3
Despois de ler o conto de Chispa "Historia dunha meiga", vimos o audivisual "A Fantasma solitaria" Queredes vela de novo?

mércores, 5 de outubro de 2016

BENVIDOS E BENVIDAS DE NOVO Á BIBLIOTECA XOÁN FARIAS

O pasado tres de outubro abrimos de novo as portas de forma oficial para este curso. Iso significa que todos nos xuntamos na Biblioteca e escoitamos a Historia de Chispa, recordamos as normas de Roi e vimos o noso audiovisual "A castaña que rebentou de risa". A que non estivo mal para comezar??

Feliz curso, felices lecturas e mil bicos de Chispa!!

venres, 2 de outubro de 2015

COMEZAMOS O CURSO NA BIBLIOTECA

Cartel de Fran Bueno para a Campaña anual de Bibliotecas Escolares 2015 2016

Este venres tivemos unha xuntanza na Biblioteca para dar comezo ás actividades deste curso. Este tempo chega ademais co outono e todo o que isto leva tras de si: os traballos, as festas, as exposicións, os obradoiros, a elaboración dos contos de medo que tradicionalmente facemos... Iremos contando e publicando a medida que fagamos, para que saibades e vexades as fotos das nosas actividades.
Este día, entre Irene, Alejandra e Anxo recordáronnos as normas da biblioteca. Kelly, Sofía e Elia contáronnos o conto de como Chispa chegou ao noso cole e dende entón quedou a traballar con nós. Despois de todo isto, vimo un audiovisual que adaptamos "Buenas modales en la Biblioteca", da Ed. Everest. O noso converteuse en "Bos hábitos na Biblioteca" e foi gravado polo alumnado de 5º. Por último recordamos que o Equipo de Biblioteca do alumnado estará ao servizo de todos aqueles que queiran facer uso da Biblioteca na hora do recreo ou noutros momentos nos que eles poidan axudar a que funcione un pouquiño mellor.
A todo o Equipo e a todo o alumnado e resto da Comunidade Educativa damos a benvida e desexamos que este curso veña cargado de traballo produtivo no que a nosa BIBLIOTECA ESCOLAR sexa a BASE DE EXPLORACIÓNS! "O lema "Biblioteca escolar, base de exploracións" chama a traballar coa información; convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido."
E aquí queda a presentación das imaxes que fixemos, máis unha foto de Sofía e Irene no primeiro día de traballo coma Equipo de Biblioteca.
 

mércores, 8 de outubro de 2014

COMEZAMOS O CURSO

O pasado 1 de outubro, abríronse as portas da Biblio Xoán Farias oficialmente para todos os usuarios e usuarias. Xa están os novos carnets funcionando, empréstitos en marcha e as normas de uso recordadas. 

Como cada novo curso, Chispa chegou cunha maleta, como cada curso tiña unha carta dentro, e como cada novo curso, escapou antes de que lle botasemos o ollo. Aiiii, Chispa, Chispa...!

 A maleta veu repleta de libros, e ademais, desta vez repartiu xogos para todos os ciclos. Vese que as vacacións lle sentaron  de marabilla. Por nós, encantados!
>/div>

luns, 21 de outubro de 2013

PRIMEIRA MALETA DESTE CURSO: CHEGOU CHIIIIIISPAAAAAAA!!!!!!

Chegou Chispa, eh?? E xa pensabamos que non viña este ano. Xa lle vale, ternos taaaNtísimo tempo esperando por ela, a que si? Pero veu, como cada ano. Este tampouco podía faltar. Aiiiii! Mira que trouxo cousas desta vez. Pero ímosvos contar polo miúdo porque hoxe fíxonos rabear un pouco. Haaaaa!! E nós pensando que estaba algo tola.
Vós xa lestes a carta que está enriba destas letras, non? Pois a profe Rosa veña a ler e a ler a carta; e a carta veña a dicir que gozásemos dos libros e do mobiliario. E nada! nós non viamos mobiliario por ningures. E Chispa veña a insistir: "... A GOZAR DESTES PRECIOSOS MOBLES NOVOS". E NÓS NADA, QUE NON VIAMOS MOBLES POR NIN-GU-RES. Ata que por fin enviamos a algúns exploradores a investigar pola biblioteca adiante; que se na entrada, que detrás da mesa grande, que se na parte nova dos ordenadores... E ALÍ ESTAAAAABAN!!! MERCOU MOBLES PARA A BIBLIO!!!! ¿PODÉDELO CRER? Xa vos ensinaremos fotos mellor feitas porque esta mañá non nos deu tempo para máis; con tantas présas...
De momento, aquí tedes algunhas.
Ei, por certo, queda oficialmente aberto o tempo adicado a traballar nos CONTOS DE MEDO. Recordade, contos colectivos para facer nas aulas cos compañeiros e compañeiras.

martes, 4 de outubro de 2011

COMEZAMOS

Onte fixemos a presentación de Chispa na Biblioteca para os máis peques do cole. Moitos deles xa a coñecen destes cursos pasados, pero como sabiamos que lles había gustar acompañar aos pequechos de 3 anos...
Contamos o conto de Chispa; recordamos como a atopamos dentro dun libro cheíño de po, e como quixo quedar no cole e agasallarnos con libros.
Despois tamén aprendimos, uns; e repasamos, outros, as normas ás que debemos atender para que todo funcione moi requetebén.
¿Queredes ver algunha foto? Vaaaaleeee, aí quedan.

martes, 15 de setembro de 2009

EMPEZAMOS!!!

Vaia, vaia, parece que as novas chegan un pouco vellas... Pero o importante é que onte demos inicio ao novo curso na nosa BIBLIOTECA!

* "¡Que risa de rata!" e "Loboferoz" son dous contos que nos gustan moito e que serviron para pasar un bo ratiño na hora do recreo.













E este foi o noso entregado público, ao que esperamos seguir vendo ao longo deste ano para disfrutar de tooooodos os libros que poidan.

FELICES LECTURAS A TODOS E TODAS!!
Chis-chis, plof-plof!