viernes, 2 de octubre de 2015

COMEZAMOS O CURSO NA BIBLIOTECA

Cartel de Fran Bueno para a Campaña anual de Bibliotecas Escolares 2015 2016

Este venres tivemos unha xuntanza na Biblioteca para dar comezo ás actividades deste curso. Este tempo chega ademais co outono e todo o que isto leva tras de si: os traballos, as festas, as exposicións, os obradoiros, a elaboración dos contos de medo que tradicionalmente facemos... Iremos contando e publicando a medida que fagamos, para que saibades e vexades as fotos das nosas actividades.
Este día, entre Irene, Alejandra e Anxo recordáronnos as normas da biblioteca. Kelly, Sofía e Elia contáronnos o conto de como Chispa chegou ao noso cole e dende entón quedou a traballar con nós. Despois de todo isto, vimo un audiovisual que adaptamos "Buenas modales en la Biblioteca", da Ed. Everest. O noso converteuse en "Bos hábitos na Biblioteca" e foi gravado polo alumnado de 5º. Por último recordamos que o Equipo de Biblioteca do alumnado estará ao servizo de todos aqueles que queiran facer uso da Biblioteca na hora do recreo ou noutros momentos nos que eles poidan axudar a que funcione un pouquiño mellor.
A todo o Equipo e a todo o alumnado e resto da Comunidade Educativa damos a benvida e desexamos que este curso veña cargado de traballo produtivo no que a nosa BIBLIOTECA ESCOLAR sexa a BASE DE EXPLORACIÓNS! "O lema "Biblioteca escolar, base de exploracións" chama a traballar coa información; convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido."
E aquí queda a presentación das imaxes que fixemos, máis unha foto de Sofía e Irene no primeiro día de traballo coma Equipo de Biblioteca.
 

3 comentarios:

Ana Martinez dijo...

Canto ides disfrutar con todas as actividades que sen dúbida un ano máis preparará a vosa biblioteca. Unha aperta para Chispa.

Alberto Vargas dijo...

Facía xa tempo, que non me adentraba por estes lares virtuais, e teño que recoñecer, que cheouseme a cabeza de lembranzas e bos momentos. Moitos bicos para todos.

Chispa dijo...

Alberto!, encantada de saudarte. Alegroume moito a túa visita. Recorda que a túa biblioteca segue aberta para todo o que necesites.
Bicoooos.