Amosando publicacións coa etiqueta 100 días. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 100 días. Amosar todas as publicacións

venres, 23 de febreiro de 2024

100 días no cole no Día de Rosalía

E este curso volve a coincidir os #100días de cole co Día de Rosalía. Pero que sorte a nosa ter celebración por partida dobre! 

Así que, como xa ven sendo habitual, repartímonos nos equipos heteroxéneos nos que nos agrupamos sempre para os grandes xogos e reunímonos na Biblioteca para dar comezo ao gran xogo de Rosalía co visionado dun vídeo sobre a vida de Rosalía de Castro, que podedes ver de novo premendo aquí.

Preme nesta imaxe para acceder ao álbum de fotografías dese día.

Oito equipos, oito estacións e unha proposta diferente en cada unha delas, seguindo un itinerario concreto por diferentes localizacións dentro da escola. 

Pasámolo en grande en cada unha delas e ademais aprendimos un montón de cousas sobre a nosa poetisa máis universal e a súa obra.









E rematamos esta intensa xornada, xuntándonos de novo no salón de actos para cantar de novo, e todos xuntos, a cantiga que aprendimos co poema de Rosalía "Eu ben vin estar o moucho".

Marchamos co compromiso de espallar #oamorpolapatriagalega - lema deste ano para o Día de Rosalía - compartindo os versos da poeta e para iso, levámonos cadanseu poema co compromiso de liberalo.

Que viva Rosalía de Castro

e que viva a Festa dos 100 días!

venres, 17 de febreiro de 2023

100 días de cole!!!

A verdade é que este ano non puido coincidir mellor! Fixemos os 100 días de cole o venres véspera do entroido. E aínda que para nós vir a escola a aprender xa é unha festa sempre, se por riba xúntase co entroidoooo... pois está claro que tocábanos festa por partida dobre.

Un ano máis aproveitamos para organizar unha proposta ludificada, novamente sobre a Axenda 2030 e os ODS, relacionando a festa dos 100 días co noso PDI #esPazODSparaaconcienciACCIÓN. 


Este ano recuperamos o agrupamento heteroxéneo, libres xa do protocolo COVID, polo que organizámonos por equipos interniveis para a realización de 6 probas en diferentes localizacións do colexio. En cada unha delas cada equipo realizou unha actividade vinculada a algún dos ODS traballados ata o momento, que son:
    • ODS 12: PRODUCIÓN E CONSUMO RESPONSABLES.
    • ODS 5: IGUALDADE DE XÉNERO.
    • ODS7: ENERXÍA ASEQUIBLE E NON CONTAMINANTE.
    • ODS 4: EDUCACIÓN DE CALIDADE
    • ODS 3: SAÚDE E BENESTAR
    • ODS 13: ACCIÓNS POLO CLIMA.

 

Aquí podedes ler atentamente a explicación completa deste gran xogo, aínda que xa sabemos que estades ansiosos por ver as fotos... 








Unha a unha foron conseguindo as 6 pezas coas que compoñer un colorido quebracabezas cunha mensaxe agochada: o broche de ouro para esta proposta ludificada.

O ben que o pasamos e todo o que aprendimos. Por moitos días así no cole!!! 
Que vivan os 100 días!!!

Ai, siiiii! As fotos!!! Pois aló van! 
(para acceder ao album completo preme en calquera delas)

No Laboratorio Deborah García Bello, instrumentos de refugallo.








No patio, xogos cooperativos con material reciclado






Na aula Ángeles Alvariño, un rosco de pasapalabra sobre os ODS.





Na horta de Rosalía, fixeron sementeiros.







 Na biblio, formación de usuarios







No croma, da aula Margarita Ledo Andión, fotos e máis fotos... Que sairá de aí?






E para rematar...


Grazas á familia de Adrián e Iker que trouxeron un pincha para amenizar este fin de festa!!!

Por moitos días así no cole! Que viva a festa dos 100 días!!!

#esPazODSparaaconcienciACCIÓN
#100díasdecole