A verdade é que este ano non puido coincidir mellor! Fixemos os 100 días de cole o venres véspera do entroido. E aínda que para nós vir a escola a aprender xa é unha festa sempre, se por riba xúntase co entroidoooo... pois está claro que tocábanos festa por partida dobre.
Un ano máis aproveitamos para organizar unha proposta ludificada, novamente sobre a Axenda 2030 e os ODS, relacionando a festa dos 100 días co noso PDI #esPazODSparaaconcienciACCIÓN.
Este ano recuperamos o agrupamento heteroxéneo, libres xa do protocolo COVID, polo que organizámonos por equipos interniveis para a realización de 6 probas en diferentes localizacións do colexio. En cada unha delas cada equipo realizou unha actividade vinculada a algún dos ODS traballados ata o momento, que son:
- ODS 12: PRODUCIÓN E CONSUMO RESPONSABLES.
- ODS 5: IGUALDADE DE XÉNERO.
- ODS7: ENERXÍA ASEQUIBLE E NON CONTAMINANTE.
- ODS 4: EDUCACIÓN DE CALIDADE
- ODS 3: SAÚDE E BENESTAR
- ODS 13: ACCIÓNS POLO CLIMA.
Aquí podedes ler atentamente a explicación completa deste gran xogo, aínda que xa sabemos que estades ansiosos por ver as fotos...
Que vivan os 100 días!!!
Ai, siiiii! As fotos!!! Pois aló van!
(para acceder ao album completo preme en calquera delas)
No Laboratorio Deborah García Bello, instrumentos de refugallo.
No patio, xogos cooperativos con material reciclado
Na horta de Rosalía, fixeron sementeiros.
No croma, da aula Margarita Ledo Andión, fotos e máis fotos... Que sairá de aí?
E para rematar...
Grazas á familia de Adrián e Iker que trouxeron un pincha para amenizar este fin de festa!!!
Por moitos días así no cole! Que viva a festa dos 100 días!!!
#esPazODSparaaconcienciACCIÓN
#100díasdecole
Ningún comentario:
Publicar un comentario