venres, 17 de febreiro de 2023

E así festexamos o Entroido!

E despois de gozar tanto co xogo dos 100 días, tocaba pasalo ben co entroido. Houbo moita música e bailes, desfile e xogos. 


Preme en calquera destas fotos para acceder ao álbum completo.




Pero tamén houbo... merenda entroideira! Grazas, unha vez máis, á nosa ANPA molona que mobilizou a un montón de familias para que puidéramos degustar os doces típicos destas datas. Houbo roscas, freixós e orellas a fartar, das que demos boa conta. Unhas larpeiradas caseiras unha vez ao ano, tampouco fan dano, verdade?



 Estaba boísimo todo!!!

E despois démoslle o seu merecido ao noso "Meco Gasolino", neste entroido no que reclamamos accións cara a unha transición enerxética sostible, non sen antes darlle lectura ao seu testamento!



e que ademáis podedes escoitar aquí, nas voces de Q.S.U., e tamén no noso blog da radio "Son de Pazos".






Que viva o Entroido!!!

Ningún comentario: