Amosando publicacións coa etiqueta Coñecendo Ferrol. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Coñecendo Ferrol. Amosar todas as publicacións

venres, 21 de febreiro de 2020

Entroido 2020: Disfrazámonos de Ferrol

Este ano tiñamos moi claro que os nosos disfraces tiñan que ser sobre Ferrol, así que aproveitamos para disfrazarnos de lugares da nosa cidade.

(preme nesta imaxe para acceder a todas as fotos)

Os peques de Pazos vestíronse do MERCADO DA MADALENA, co emblemático edificio da peixería de Rodolfo Ucha ao frente, eles foron vestidos de froitas e peixes.

Os rebuldeir@s de Pazos foron do PARQUE RAÍÑA SOFÍA e dos seus máis coñecidos habitantes, sen dúbida, os pavos reais.


Os medianos do cole decantáronse polo PEIRAO DE CURUXEIRAS, e foron disfrazados de mariñeiros e pescadores, que son os traballadores do porto.

E os maiores decidiron ir do CONCELLO e os seus ILUSTRES FERROLAN@S: Concepción Arenal, Ricardo Carvalho Calero, Xoán Farias, Pablo Iglesias Posse, Camili Díaz Baliño, Fernaándo Álvarez Sotomayor, Jenaro Pérez Villamil, José Fontenla Leal, Ángeles Vilariño, Ramón Plá y Monge, Juan García Niebla, Victor López Seoane... entre otros.

Realizamos un pequeno pasarrúas ao redor do noso cole acompañados polas nosas familias para finalizar cunha gran foto de grupo. 



Despois demos conta dunha riquísima merenda que preparou a ANPA do centro: doces de entroido acompañados con chocolate quentiño... 
Pero mira que somos larpeir@s!



Xa no patio, procedimos á queima do Meco, que como non, este ano tamén ía vestido de ferrolano, máis concretamente de integrante dunha das Rondallas Ferrolanas das Pepitas.



Un ano máis o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria deu lectura ao testamento de tan querida personaxe antes de o botar á fogueira. Convertido xa en cinzas, comeza para nós o verdadeiro entroido: cinco días sen escola na que poder disfrutar en familia do pracer de converterse, ainda que sexa por uns intres, naquelo que resulta imposible. 


Que viva o entroido, que viva Ferrol e que viva o cole de Pazos!!!

luns, 20 de novembro de 2017

VISITA A FERROL E A AFUNDACIÓN

https://photos.app.goo.gl/1u9nUfROeGcfwaFh1
Diante da Porta do Dique. Preme nela e accede ao resto das imaxes da visita.
O pasado venres fixemos unha saída ao centro de Ferrol. Os maiores aproveitamos para visitar a nosa cidade, percorrendo, coma outras veces, algunhas das zonas máis bonitas. 
Logo diso, esperábanos unha actividade relacionada coa arte plástica e a música:

«Sonoro empeño. A música nas coleccións ABANCA e Afundación»

. Dividíronnos en cinco grupos de TIPOS DE MÚSICA: Música tradicional galega, Música clásica, Jazz, Rock and Roll e Heavy Metal. Relacionamos cada un destes estilos con outro de arte pictórica e localizamos na exposición cadros que se  correspondían con eles. Finalizamos a visita cun obradoiro no que pintamos ao son da música que soaba.  Cada un no seu equipo! Xenial!!

https://photos.app.goo.gl/0TtLFw3B69R4X4Gg1
O resto das imaxes desta exposición e obradoiro se premes na foto

mércores, 27 de abril de 2016

COÑECENDO FERROL

http://ferroleando.blogspot.com.es/
O pasado domingo publicabamos, no blog COÑECENDO FERROL, unha pequena información para traballar nas aulas de 4º, 5º e 6º, antes da saída que faremos o venres, 29. Teremos unha hora e media, mentres os pequenos están nun obradoiro no Cantón, para facer unha xincana por seis lugares emblemáticos de Ferrol. Ao tempo deberemos ir contestando unha serie de preguntas, e cada resposta acertada daranos paso a continuar a ruta, e a adquirir algunhas "pezas" necesarias para traballar ao regreso no cole. Prometemos que será emocionante!!!
Ah!, e ademais temos a exposición con toda 
a información na entrada 
deste xeito: 

martes, 1 de marzo de 2016

MULLERES NA HISTORIA

Viñeta traducida pola Biblioteca Xoán Farias
Propoñémonos, a partir do día 8 de marzo, 
compoñer un mural coas vosas aportacións. 
Queremos construír un collage coas imaxes das  
mulleres que traballan  
dentro da casa, fóra da casa e dentro e fóra da casa. 
Animádevos a colaborar con nós?
Pois collede cámara e a traballar!
A continuación podedes acceder a unha serie de enlaces que aportarán moita información sobre as mulleres que destacaron en Galicia ao longo da historia. 
Ángeles Alvariño González. Naceu en Serantes e o ano pasado falamos dela  en COÑECENDO FERROL, por ser a homenaxeada no DÍA DA CIENCIA EN GALICIA, 2015.
Dous IES en Ferrol con nome de muller: Sofía Casanova (IES Sofía Casanova) e Concepción Arenal (IES Concepción Arenal)
VÍDEOS de TRES ILUSTRES GALEGAS
*Vídeo sobre Emilia Pardo Bazán: Mujeres en la Historia - Emilia Pardo Bazán

luns, 11 de marzo de 2013

RODOLFO UCHA


Hoxe fixemos unha saída a Ferrol e, entre outras cousas, os maiores falamos da arquitectura de Rodolfo Ucha, a medida que iamos paseando, e na medida en que a chuvia nos deixou. Fixemos algunha parada diante do Casino, tanto na rúa Dolores coma na rúa Real, tamén nos fixamos no actual Hotel Suízo, e outras casas ao longo do noso percorrido polo barrio da Madalena. Se queredes ver un pouco da nosa visita...
Tamén estivemos facendo un repaso dos nomes das rúas. Aquí está a solución para aqueles que necesiten repasar dun xeito moi rápido e doado o rueiro do Barrio da Madalena.

luns, 26 de novembro de 2012

NUN RECUNCHO DO MONTE

O grupo de Teatro "Ti e Máis eu Teatro" representará mañá a peza de títeres titulada "Nun Recuncho do Monte". Obra orixinal de Josefa Deibe Pico.
A obra desenvólvese nos arredores da Ermida da Virxe de Chamorro e trata de poñer de relevo a importancia de conservar o patrimonio natural e cultural de Ferrol.
Podemos previamente acceder a "Coñecendo Ferrol" porque alí hai algún material preparado que nos pode ser de utilidade para situarnos mellor no que imos ver mañá: "Achegándonos a Chamorro"
Seguiremos contando... ¡Emoción!