Diante da Porta do Dique. Preme nela e accede ao resto das imaxes da visita. |
O pasado venres fixemos unha saída ao centro de Ferrol. Os maiores aproveitamos para visitar a nosa cidade, percorrendo, coma outras veces, algunhas das zonas máis bonitas.
Logo diso, esperábanos unha actividade relacionada coa arte plástica e a música:
«Sonoro empeño. A música nas coleccións ABANCA e Afundación»
. Dividíronnos en cinco grupos de TIPOS DE MÚSICA: Música tradicional galega, Música clásica, Jazz, Rock and Roll e Heavy Metal. Relacionamos cada un destes estilos con outro de arte pictórica e localizamos na exposición cadros que se correspondían con eles. Finalizamos a visita cun obradoiro no que pintamos ao son da música que soaba. Cada un no seu equipo! Xenial!!
O resto das imaxes desta exposición e obradoiro se premes na foto |
Ningún comentario:
Publicar un comentario