Amosando publicacións coa etiqueta Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo. Amosar todas as publicacións

martes, 2 de abril de 2024

Día Mundial da concienciación sobre o autismo

Un ano máis cómpre, no Día Mundial para a concienciación sobre o Autismo, visibilizar a diversidade das persoas como un valor da sociedade.

O 1% da poboación é autista, polo que ainda que nunca te pararas a pensalo, o autismo está máis preto de ti do que crías. Por iso, este ano baixo o lema  #autismocercadeti queremos tomar conciencia de que ser autista é unha condición de orixe neurobiolóxico, non unha enfermidade, e que hai tantos tipos de autistas como persoas.

Nós sabémolo moi ben, porque fomentamos o respecto á diversidade na nosa escola o que axudará a que as persoas autistas - e calquera outra - poida gozar das mesmas oportunidades que as demais.

Preme nesta imaxe para acceder ao álbum.

domingo, 2 de abril de 2023

2 de abril: Día Internacional da Concienciación sobre o Autismo #chamémolopoloseunome

Se premes nesta imaxe da campaña deste ano, accedes ao álbum completo das actividades realizadas ao longo da semana para a Concienciación Sobre o Autismo #chamémolopoloseunome.


Grazas ao Departamento de Orientación, ao longo da última semana de marzo realizamos un montón de actividades para tomar conciencia sobre o autismo, para falar sobre esta condición sen tabúes, desde un enfoque positivo e coa intención de lograr avanzar cara a construción dunha sociedade máis inclusiva para todas as persoas. 

Baixo o lema deste ano #chamémolopoloseunome, preténdese desterrar falsos mitos e ideas erradas sobre o autismo e dar a coñecer a especificidade e a valía das persoas con TEA, impulsando deste modo o compromiso de toda a cidadanía nesta tarefa. Podedes ler aquí o MANIFESTO da Confederación de Autismo España.

Comezamos a semana visitando a exposición sobre o autismo que prepararon desde o Departamento de Orientación, facendo unha lectura reflexiva sobre a información dos carteis da exposición, apoiada a través de pictogramas para facelos máis accesibles.



Tamén realizamos uns obradoiros de sensibilización sobre o autismo de 3º a 6º de Primaria, grazas á visita de dúas profesionais de ASPANAES, Adriana (logopeda) e Inés (psicóloga), na que puideron reflexionar sobre o que xa coñecen ou quererían saber sobre o autismo.

Para tentar entender máis aos nenos e nenas con TEA, realizamos varias actividades como unha dinámica relacionada con distintas formas de comunicarse a través da expresión escrita ou o visionado dunha curtometraxe moi interesante que nos ensinou a entender un pouco máis como perciben o mundo as persoas con TEA e como con vontade e paciencia podemos entendernos e comunicarnos.



Para os máis peques do cole traballamos sobre o conto "Por cuatro esquinitas de nada", un conto de Jêrome Ruillier publicado pola editorial Juventud. Bibi contóunolo de marabilla, xa que ao tempo que o contaba, ía introducindo aos "redondiños" na casa grande e démonos conta de como puido conseguiu entrar "cadradiño" na casa grande.
Con ela aprendimos que todos temos cabida no mundo, e que ás persoas non as podemos cambiar, mais si podemos facer que o mundo sexa máis accesible para todos e todas.




E despois do contacontos elaboramos eses corazóns con catro pezas dun quebracabezas, que simbolizan o feito de que cada quen ten o seu lugar no mundo e que todos e todas somos igualmente valiosos.

O grupo dos Rebuldeir@s traballaron co conto "TEA", de Alejandra González, editado por Pintacola Ediciones, que ofrece unha experiencia inmersiva que nos fará empatizar coas persoas que teñen TEA. Grazas ás gafas vermellas e azuis, poden vivenciar unha dobre experiencia sobre o mesmo relato, coñecer as principais alteracións que presentan as persoas con autismo e obterán as claves que facilitan a presencia, participación e aprendizaxe destes nenos e nenas nas aulas, no recreo, no parque... xa que todos eles poden facer o mesmo que os seus compañeiros se contan cos apoios e axustes do seu entorno precisos.




Porque tomando conciencia sobre el autismo, contribuímos a facer  un mundo mellor, máis resilente e inclusivo no que todos e todas temos moito que aportar.

#chamémolopoloseunome

2 de abril: Día Internacional da Concienciación sobre o Autismo.

sábado, 2 de abril de 2022

Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo #2deabril💙


Baixo o lema «Unha feliz viaxe pola vida» preténdese que a cidadanía tome conciencia do dereito das persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) e as súas familias a vivir unha vida feliz.

E falando sobre isto, démonos conta que as cousas que nos fan felices son practicamente as mesmas para todas as persoas, teñan TEA ou non. Para comprobalo, aquí vos deixamos cos vídeos que gravamos durante esta semana para tomar conciencia sobre o autismo, xa que todos temos en común moitas máis cousas das que pensamos: os amigos, a familia, as mascotas, a praia, a escola... 

venres, 2 de abril de 2021

#PodoAprender, #PodoTraballar. 2 de abril: Día de Concienciación sobre o Autismo

Baixo o lema “Podo aprender. Podo trabajar”, a campaña do Día Mundial de Concienciación sobre el Autismo 2020-2021 pon o foco na educación e no emprego, dous ámbitos fundamentais para mellorar a calidade de vida das persoas con TEA e acadar a súa participación efectiva na sociedade.

As personas con TEA teñen dereito a acceder a unha educación de calidade que promova o seu éxito académico e o seu desenvolvemento persoal, pero que tamén facilite o seu acceso ao mercado laboral, atendendo para iso ás capacidades e necesidades especídicas de cada unha delas.

Fai un xesto polo autismo en redes sociais!

O obxectivo deste xesto é amosar que cada persoa é diferente e ten unhas determinadas fortalezas, que a sociedade pode e debe fomentar para ser cada vez máis respectuosa coa diversidade.




E iso fixemos no cole. Ademáis de promover unha educación inclusiva no noso día a día, aceptando as diferenzas persoais e valorando a diversidade de cada quen, quixémonos sumar á iniciativa #PodoAprenderPodoTraballar no Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo alzando as nosas mans cos troqueis tan fermosos da campaña.





Como sempre, se queres ver algunha foto máis, preme nas imaxes.