Amosando publicacións coa etiqueta PLAMBE Ferrol. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PLAMBE Ferrol. Amosar todas as publicacións

xoves, 16 de xaneiro de 2025

CLUB DE LECTURA: Matar a un ruiseñor

 


O pasado 28 de Novembro tivo lugar a primeira reunión do club de lectura de 5° e 6°. Deixamos por aquí as reflexións da xornada e agardamos con ansia a seguinte reunión, que celebraremos esta mesma tarde. 

domingo, 20 de febreiro de 2011

O PlambeFerrolterra de visita polas BIBLIOS


O pasado xoves estivemos de visita na Biblioteca do IES Fernando Esquío, de Neda, Blogfesquío. E alí tivemos a dúas anfitrionas que nos recibiron e nola amosaron: Mª Gelis e Begoña. Xa é a segunda visita que facemos en grupo e quedou marcada a terceira á Biblio do CEIP O Ramo, en Barallobre.
Encántanos ver "in situ" o que xa imos coñecendo de palabra despois de tantas e tantas reunións desde que nos fomos incorporando ao PLAMBE: como se organizan os espazos, como funcionan as diversas actividades, pequenos e grandes detalles que nos fan medrar ás demais. Tamén os proxectos seguen a medrar, non sen dificultades: a falta de horario fronte á gran oferta de actividades. Pero avanzamos, e mellor en grupo que illadas, non si?
Estas son as imaxes que nos enviou Maribel, Xarela (miau, miau) para os internautas, do CEIP Os Casais. Menuda fotógrafa está feita.

Encantada de ter compartido con vós esas horas.
Nova visita, o 23 de marzo en O Ramo; alí nos veremos.
Se queredes ver máis, coma sempre, súper reportera Loly Lago, de O Segrel do Penedo

luns, 5 de maio de 2008

1ª XUNTANZA DO PLAMBE FERROL

Hoxe, día 5, do mes 5 ás 5 da tarde reunímonos no CFR de Ferrol 9 responsables das 13 bibliotecas escolares de Ferrolterra incluidas no PLAMBE. Realmente eramos 11, pois dúas compañeiras xustificaron a súa ausencia e prometeron non faltar á seguinte. (A inauguración da Biblioteca de Somozas é causa máis que xustificada para non vir. Están cos preparativos da celebración!!!! Dende aquí enviámoslles os nosos parabéns.)
Nesta ocasión fixo de mestre de cerimonias Antón Cortizas, en Sanxenxo foi Pilar Sampedro, así que os dous quedan nomeados "Membro Honoris Causa" do grupo Plambe-Ferrol.

Comezamos presentándonos, xa que non nos coñeciamos todos, e expoñendo o motivo que nos traía á reunión, que non era outro que "botar a andar unha nova etapa de colaboración e reflexión compartida". O traballo colaborativo, a posta en común das nosas experiencias e tamén, como non, facer terapia de grupo, que sempre vén moi ben, é causa máis que suficiente para este "mini-encontro plambeiro".

Falamos do que estamos a facer, dalgúns dos nosos proxectos, fixemos terapia... e despois dunha hora longa de conversa, chegamos ás seguintes conclusións:

Reunírmonos unha vez ao mes. A próxima reunión será o luns 2 de xuño ás 5 da tarde no CFR de Ferrol
Reunírmonos unha tarde para irnos poñendo ao día nisto das novas tecnoloxías.
Redacción dun escrito para enviar á Dirección Xeral, á Asesoría de Bibliotecas Escolares e ao CFR de Ferrol no que queremos reivindicar:
A asesoría de Bibliotecas Escolares no CFR de Ferrol
Recoñecemento da figura do/a Responsable da Biblioteca Escolar no ROC

Creemos que para ser o primeiro día, e chegar todas unha miaxiña tímidas, non o fixemos nada mal, non si?
O noso desexo é que este sexa o principio dunha nova andaina positiva e enriquecedora para todas nós. Do traballo colaborativo é de onde saen as mellores experiencias.