Hoxe, día 5, do mes 5 ás 5 da tarde reunímonos no CFR de Ferrol 9 responsables das 13 bibliotecas escolares de Ferrolterra incluidas no PLAMBE. Realmente eramos 11, pois dúas compañeiras xustificaron a súa ausencia e prometeron non faltar á seguinte. (A inauguración da Biblioteca de Somozas é causa máis que xustificada para non vir. Están cos preparativos da celebración!!!! Dende aquí enviámoslles os nosos parabéns.)
Nesta ocasión fixo de mestre de cerimonias Antón Cortizas, en Sanxenxo foi Pilar Sampedro, así que os dous quedan nomeados "Membro Honoris Causa" do grupo Plambe-Ferrol.
Comezamos presentándonos, xa que non nos coñeciamos todos, e expoñendo o motivo que nos traía á reunión, que non era outro que "botar a andar unha nova etapa de colaboración e reflexión compartida". O traballo colaborativo, a posta en común das nosas experiencias e tamén, como non, facer terapia de grupo, que sempre vén moi ben, é causa máis que suficiente para este "mini-encontro plambeiro".
Falamos do que estamos a facer, dalgúns dos nosos proxectos, fixemos terapia... e despois dunha hora longa de conversa, chegamos ás seguintes conclusións:
Reunírmonos unha vez ao mes. A próxima reunión será o luns 2 de xuño ás 5 da tarde no CFR de Ferrol
Reunírmonos unha tarde para irnos poñendo ao día nisto das novas tecnoloxías.
Redacción dun escrito para enviar á Dirección Xeral, á Asesoría de Bibliotecas Escolares e ao CFR de Ferrol no que queremos reivindicar:
A asesoría de Bibliotecas Escolares no CFR de Ferrol
Recoñecemento da figura do/a Responsable da Biblioteca Escolar no ROC
Creemos que para ser o primeiro día, e chegar todas unha miaxiña tímidas, non o fixemos nada mal, non si?
O noso desexo é que este sexa o principio dunha nova andaina positiva e enriquecedora para todas nós. Do traballo colaborativo é de onde saen as mellores experiencias.
LA VERDADERA HISTORIA DE LA NAVIDAD
-
La historia de la verdadera navidad, una ficha interactiva de gorogui
live*worksheets.com*
Hai 4 anos
2 comentarios:
Que este primeiro post colaborativo entre Bibliospazos, Blogfesquío e O Segrel sexa a semente que fructifique nunha boa colleita.
É un verdadeiro pracer traballar con vós!!
Apertas dende Fene.
Lembrade que é mentira eso de que o traballo é san.
Que vos dure moito tempo a ilusión e as gañas reivindicativas.
Saúdos solidarios.
Publicar un comentario